Posts Tagged ‘ramón_piñeiro_os_días_ocultos’

“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, blog

Xuño 22, 2009

XG00157701Daniel Ameixeiro acaba de abrir un blog arredor da súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor ten intención de compartir cos lectores no blog non soamente o proceso (como foi nacendo e medrando a historia) senón tamén a documentación que utilizou. Os nosos parabéns a Daniel Ameixeiro pola iniciativa.

«Ramón Piñeiro. Os días ocultos», presentación en Santiago

Maio 2, 2009

10002949313Daniel Ameixeiro presentará mañá domingo, 3 de maio, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Santiago a súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. No acto estará acompañado do editor Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Abril 28, 2009

Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio.

Venres, 1 de maio
13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure.
19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008)

Sábado, 2 de maio
18.30 A escritora Mar Guerra asinará exemplares do seu libro Xenaro e o misterio da mochila verde, gañador do Premio Merlín 2008.

Domingo, 3 de maio
18.00 Contacontos arredor do libro O arco da vella, da escritora Charo Pita, publicado na colección Merliño.
19.00 O escritor Daniel Ameixeiro presenta: Ramón Piñeiro. Os días ocultos.  Participan Manuel Bragado e o autor.  Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares do seu libro.

Luns, 4 de maio
19.00 O escritor e xornalista Manuel Rivas ofrecerá un recital poético.  Ao remate asinará exemplares de  O sombreiro ChichiriteiroA corpo aberto e do resto da súa obra.

Martes, 5 de maio
18.00 A escritora Iolanda Eiras presenta o seu libro Baldras o xigante, publicado na colección Merliño.  No acto, actuará o coro A Ferradura, do CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e unha sección da Banda Artística de Merza.  Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares do seu libro.
19.00 A escritora Teresa Moure asinará exemplares do seu libro O natural é político.

Mércores, 6 de maio
20.00 O escritor Xabier P. DoCampo (gañador do Premio Irmandade do Libro 2008 da Federación de Libreiros de Galicia) e o ilustrador  Xosé Cobas asinarán exemplares do Libro das  viaxes imaxinarias.

Xerais, novidades de abril

Abril 7, 2009

xg00152001Neste mes, o abril dos libros, Xerais poñerá nas librarías once títulos.

Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas O’ Salto do Can de Jorge Llorca e Tempo de centeo de Xosé Fernández Ferreiro.

Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro. Os días ocultos.

En colaboración coa Radio Galega e AGADIC o disco libro do IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

En Xerais Crónica, Galicia solidaria, obra coordinada por Xulio Ríos e Carlos Teijo, membros do IGADI.

En Xerais Manuais Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica de Juan Blanco Valdés, que será presentado, o 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro.

xg00154401Así mesmo, na renovada serie Merliño aparecerán catro novos títulos, encadernados en tapa dura: Pinga de choiva de Ánxela Gracián, ilustrado por Daniel Díaz Trigo; O arco da vella de Charo Pita, ilustrado por Xosé TomásDona Landra no río revolto de Alberto Varela Ferreiro e Baldrás, o xigante, libro cedé de Iolanda Eiras, ilustrado por Francisco Bueno.

Por último, na serie de libros ilustrados publicarase Cabalos de vento, curros de pedra, froito da colaboración creativa entre o fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente falecido.

Unha novela protagonizada por Ramón Piñeiro

Abril 7, 2009

Ramón Piñeiro. Os días ocultos é a novela de Daniel Ameixeiro protagonizada por Ramón Piñeiro e Víctor Campio. Estará nas librarías á volta de semana santa.

xg00157701Nesta novela de Daniel Ameixeiro os fíos da memoria vanse enguedellando e desenguedellando nun relato no que Ramón Piñeiro volve unha e outra vez aos difíciles días da posguerra, uns días nos que un grupo de galeguistas, enfrontándose á dura represión da ditadura e case sen medios, conseguiron ir abrindo fendas naquela abafante escuridade. Seguindo as palabras de Piñeiro, unha das figuras máis destacadas da Galicia do século XX, imos percorrendo momentos determinantes da nosa historia. A vida de Ramón Piñeiro vese complementada coa de Víctor Campio, as dúas vencelladas pola época que lles tocou vivir e pola idea dunha Galicia dona de si. Unha Galicia que se foi construíndo dende o esforzo xeneroso e dende unha firme fe no ideal. Unha Galicia que se foi construíndo, sobre todo, dende a ilusión e dende a esperanza. Un tempo, dúas voces, a mesma teima: Galicia.

Xerais, novidades de marzo

Febreiro 25, 2009

Capa NarrativaNo vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades.

No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval.

En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez.

Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro. Os días ocultos.

En Xerais Manuais aparecerá Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica de Juan Blanco Valdés.

Capa o sombreiro chichiriteiro .inddNesta entrada editorial da nova primavera particular importancia terá a edición infantil na que se publicará, dentro da colección Xerais Merlín  O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro libro infantil de Manuel Rivas, ilustrado por Patricia Castelao.

Así mesmo, na renovada serie Merliño aparecerán catro novos títulos, encadernados en tapa dura: Pinga de chuvia de Ánxela Gracián, ilustrado por David Díaz Trigo; O arco da vella de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás;  Dona Landra no río revolto de Alberto Varela Ferreiro e Baldrás, o xigante en Vilapedra, libro cedé de Iolanda Eiras, ilustrado por Francisco Bueno.

Por último, na serie de libros ilustrados publicarase Cabalos de vento, curros de pedra, froito da colaboración creativa entre o fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente falecido; e na de materiais didácticos Lingua e Literatura Galegas. probas de Selectividade 2009.