Archive for the ‘Clubs_de_lectura’ Category

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

Xuño 23, 2009

XG00139001O club de lectura Gálix Tendendo Redes remata a súa primeira andaina de actividades cun programa arredor da novela  Festina lente de Marcos Calveiro, organizado en colaboración coa asociación Amigos del Románico.

As actividades inícianse o día 2 de xullo no Consello da Cultura Galega, cunha lectura colectiva da novela a partir das 17:00 horas e  cunha conferencia, a partir das 19:00 horas, de  Carlos Sastre, experto en iconografías medievais, renacentistas, modernas e contemporáneas establecerá as claves entre arte e literatura ao longo da Historia.
O día 4 de xullo, sábado, desenvolvarase unha xornada artístico-literaria polos escenarios de Festina lente en Santiago de Compostela, así como cunha actividade de Bookcrossing, patrocinada por Edicións Xerais de Galicia, na que se deixarán en variados escenarios da zona vella de Santiago de Compostela exemplares da novela de Calveiro e doutras tanto dos autores escollidos este ano no club de lectura como doutros pertencentes á literatura xuvenil galega. Rematará a xornada cun recital poético que leva como lema “Canteiro en Compostela”, no cal moitas das nosas poetas e moitos dos nosos poetas labrarán con palabras a beleza da cidade pedra.

Para participar nas actividades do día 4 de xullo cómpre inscribirse enviando un correo  a galix@galix.org, anxelagracian@hotmail.com, tuiverde@gmail.com ou tendendorredes@gmail.com

Aconsellamos baixar o programa en pdf dende aquí.

“A expedición do Pacífico” no Club de Lectura de Gálix

Xuño 2, 2009

XG00025302Organizado polo Club de Lectura Tendendo Redes de Gálix, mañá mércores, 3 de xuño, entre as 17:00 e as 19:00 horas, nas instalacións do Consello da Cultura Galega en Santiago terá lugar a primeira sesión de traballo arredor d’ A expedición do Pacífico a novela coa que Marilar Aleixandre obtivera o Premio Merlín en 1994. O día 16 de xuño, Marilar participará nunha sesión cos membros do Club para abordar o proceso de creación da novela e outros detalles.