Libros premiados 2006

Libros editados por Xerais ao longo de 2006 que recibiron algún premio:

Tres segundos de memoria. Diego Ameixeras.

  • Premio Xerais de Novela 2006.

Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post´fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida.

A Cova das Vacas Mortas. Jaureguizar.

  • Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006.

Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla. Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8.

O tesouro da lagoa de Reid’Is. Agustín Agra.

  • Premio Merlín de Literatura Infantil. 2006.

Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid’Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago.

Os libros arden mal. Manuel Rivas.

  • Premio Anxel Casal ao Libro do Ano 2006.
  • Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do ano 2006.
  • Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid 2006.
  • Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2007.
  • Premio da Crítica Española 2007.
  • Premio da Crítica Galicia 2007.
  • Premio Losada Diéguez 2007.

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio… Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: