Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. En palabras da autora «os personaxes desta obra teatral afrontan conflitos dos que se chaman eternos e procuran horizontes de liberdade persoal relativos ao afán de coñecemento, a paixón, a ruptura co establecido, nun ambiente de tenrura e fraternidade».
Unha primavera para Aldara obtivo o Premio de teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (Teatro) 2008 e o María Casares ao Mellor Texto Orixinal 2009.
Na mesma sesión na que A Academia Galega designou a Uxío Novoneyra como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2010, foi elixido académico o seu amigo o poeta Bernardino Graña. Un nomeamento que a todo o cadro de persoal da editorial nos enche de fachenda e satisfacción polo vencellamento solidario de Bernardino con Xerais, ao longo de tres décadas, na que ten publicada unha boa parte da súa obra. Os nosos maiores parabéns para Bernardino Graña!
Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932). Foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Publicou unha estensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil.
Como poeta ten publicado: Poema do home que quixo vivir (1958); Profecía do mar (1966, Xerais 1995); Non vexo Vigo nin Cangas (1975); Se o noso amor e os peixes (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; Sima-Cima do voar tolo (1984); Himno verde (1992); Ardentía. Obra poética completa (1995); As Cantigas de Santa María (Xerais 1996); Luz de novembro (1997) e Acendede as almenaras (Xerais 2008).
No ámbito do teatro: Vinte mil pesos crime (1962, Xerais 2005); Sinfarín contra don Perfeuto (1975); Os burros que comen ouro nunca cabalos serán (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979).
Como narrador publicou Fins do mundo (1974, Xerais 1989) relatos e Protoevanxeo do neto de Herodes(Xerais 2006), IIº Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa.
E para o público infantil destacan: O león e o paxaro rebelde (1969, Xerais), Premio de contos para rapaces O Facho; Planeta dos ratos tolos (1990); Xan Guindán, capitán (Xerais 1991); Oso mimoso (Xerais 1992); Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992); Os burros que comen ouro (1992); O gaiteiro e o rato Pérez (Xerais 1994), Premio Merlín 1993; Xan Guindán, mensaxeiro (1994); Cristo e San Pedro, peregrinos (Xerais 1994); Rata linda de Compostela (Xerais 1994, 2009); O lobo e o grilo (1995); Contra o león covarde (1995); Xan Guindán e os Salvaxes (1995); Xan Guindán mensaxeiro (1997) e O quirico lambón (Xerais 1997).
No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.
Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha “apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos”. Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.
Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño.
Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez. Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.
Recollemos esta noticia da edición de La Voz de Galicia de Carballo sobre a homenaxe tributado ao escritor Francisco Taxes polo alumnado do IES Terra de Vimianzo:
Un nutrido grupo de profesores del instituto Terra de Vimianzo (me cuenta mi compañera y sin embargo amiga L. Casanegra ) se desplazaron ayer hasta el cementerio parroquial de Cereixo para participar en la ofrenda floral en homenaje a Francisco Taxes , motor del teatro gallego con raíces vimiancesas. La actividad se enmarca en un programa de actividades, organizadas por el departamento de normalización lingüística del centro que dirige Teresa Araújo , con el que se pretendía rendir un homenaje al escritor gallego. Para ello, los escolares se dedicaron durante todo el curso a estudiar la figura del intelectual e, incluso, elaboraron unos grandes paneles informativos que se pueden ver en los pasillos del centro con toda la información sobre la obra de Taxes. Ayer estuvo su hijo, Xurxo Taxes , en el centro en donde mantuvo una animada charla con los alumnos. Por la tarde, los profesores lo acompañaron a la tumba de su padre, en Cereixo, en donde lo recordaron en un emotivo acto.
Os nosos parabéns á comunidade educativa do IES Terra de Vimianzo por este grande traballo que axudará a recuperación da figura, da obra e da memoria literaria do escritor Francisco Taxes.
Chega ás librarías Sempre quixen bailar un tango, a obra de Teresa González Costa gañadora da XVIIª edición do Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. A autora do Grove agarda a aparición de Pingueiras e tarteiras, a peza gañadora da IIIª edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil. Ambas as dúas obras serán presentadas a mediados do mes de xuño en colaboración coa concellería de Cultura do Grove.
Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabras proferidas por Manuel apenas atopan interlocutor, a non ser en María, e as frases altisonantes dos autómatas mestúranse coas reverberacións dos neóns da rúa, que impiden ver as estrelas. Será tarde para fuxir desta nebulosa anestesiante? Tal e como fixo Héitor, o fillo que canta nun club, lonxe da insensibilidade. Sempre quixen bailar un tango de Teresa Costa González obtivo o XVIIº Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC.
O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa como unha obra “moi coidada” e “moi ben construída”, así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as aparencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co “poder salvador dos soños”.
Aquí pode escoitarse a hora de radio e teatro na radio, celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, na que se entregou o IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O libro cedé, que inclúe a peza gañadora, Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas, e as dúas finalistas Servizo de Urxencias de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira, estará nas librarías ao longo deste vindeira semana.
O vindeiro mércores, 15 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a gala de entrega da IIIª edición do Premio «Diario Cultural» de Teatro radiofónico. Será entón cando Rubén Ruibal e César Candelas reciban o premio por Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, peza protagonizada polo boxeador britano Peter Buckley,un eterno perdedor. Esta peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros, Xerais presentará na gala o libro-CD que incluirá tanto a peza gañadora como as obras finalistas, O xou mas gou on de Eva Ferreira e Servizo de información de Paula Carballeira.
Por último, na serie de libros ilustrados publicarase Cabalos de vento, curros de pedra, froito da colaboración creativa entre o fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente falecido.
Xelís de Toro será entrevistado hoxe no programa «Libro aberto» da TVG con motivo da publicación de Riofero. Ademais, no mesmo programa, Camilo Franco, contaranos diferentes aspectos da obra Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro, coa que este autor gañou por cuarta vez o ‘Premio Álvaro Cunqueiro’ para textos teatrais. «Libro aberto» emítese hoxe á noite (1:45), na Televisión de Galicia e na G-2 (TDT) o venres 10 ás 15:30 horas.
Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico «Diario Cultural« pola súa obra Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, protagonizada polo boxeador britano peter Buckley,un eterno perdedor. A peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros, Xerais editará a peza nun libro-CD que tamén incluirá as obras finalistas, O xou mas gou on de Eva Ferreira e Servizo de información de Paula Carballeira. O xurado, –formado por Cándido Pazó, Cristina Domínguez, Flor Maceiras, Camilo Franco e Ana Romaní– destacou que a historia de Peter Buckley «emprega pautas do xénero negro, convertendo o relato nunha translación radiofónica dun ambiente cinematográfico» e con «personaxes ben perfilados». O premio será entregado o 15 de abril nunha gala, que se desenvolverá no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e na que será presentado o libro cedé. Entrevista cos autores en Galicia hoxe.
As pezas presentadas baixo os lemas «Peter Buckley», «Servizo de Información» e «Xou mas gou on» son as finalistas da terceira edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico. Así o decidiu o xurado reunido esta mañá nas instalacións da Radio Galega. O director e actor Cándido Pazó encargarase agora da adaptación das tres obras finalistas que se emitirán en diversos espazos da RG durante o mes de marzo e serán publicadas por Xerais.
O día 26 de xaneiro, luns, ás oito da tarde na sede da SGAE en Santiago, na rúa das Salvadas, realizarase unha lectura dramatizada de Limpeza de sangue, a obra de Rubén Ruibal gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. Dirixe Santi Prego e conta cos actores Sergio Zearreta, Josito Porto, Xavier G. Pan, Fernando Morán, Monica García, Mónica Camaño, Xavier Deive e Víctor Mosquera. Do ambiente sonoro encárgase Anxo Graña. E conta co apoio da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Na recollida de textos publicados polos medios, que vimos realizando no blog, quedounos atrás o magnífico traballo que Rubén Ruibal publicou o pasado 3 de xaneiro no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia (non está publicado na rede). No longo artigo, que ocupa dúas páxinas, o autor fai un percorrido polas novidades de literatura dramática publicadas en 2008. Recollemos algúns dos parágrafos que fan referencia aos títulos editados por Xerais:
Tentando citar todo, emprezo pola literatura infantil. A publicación máis destacada do 2008 foi o Game overde Carlos Losada, gañador do premio Manuel María 2007. […] Levado á escena por Cachuzo, é posible que no 2009, se a lotería das programacións o contempla, teñamos de novo a oportunidade de velo nos escenarios galegos. Ó meu modo de ver, o espectáculo ten un gran problema: lonxe do habitual, non trata ós nenos coma parvos.
[…]
Falando de autores galegos que chegan ós escenarios, se cadra con menos fortuna do que merecen, Roberto Salgueiro publicou no 2008 dentro da Biblioteca Dramática Galega de Xerais o texto gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2007, Historia da chuvia que cae tódolos días, no que un pai, un fillo e a moza deste viven, sofren e reflexionan en torno ás miserias da emigración e da permanencia na terra propia nun espazo fechado arredor do cal todo se afunde na auga da chuvia; un texto ben recomendable. Nesa colección publica Raúl Dans, Nachtmarhr, un exercicio de liberdade literaria que non deixa escapar ó lector dende a primeira á ultima liña e sorprende pola riqueza de imaxes escénicas que provoca. Unha das miñas pezas preferidas deste autor e, probablemente, do 2008. Xerais tamén sacou á rúa o libro-CD do IIº certame de Teatro radiofónico do «Diario Cultural» da Radio Galega, a oportunidade de ler teatro sen esforzo de pasar páxinas sequera; non teñen excusa. Xerais agasallounos, tamén, xa para rematar, coa Obra Dramática de Francisco Taxes, un gran libro que merece, en calquera país teatralmente civilizado, algo mási que esta simple nota nunha sorte de resume anual. Un volume imprescindible. Rubén Ruibal
A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento do escritor Manuel Riveiro Loureiro. Fecundo narrador, autor dramático e tradutor, publicou en Xerais a novela As cereixas (1988); as pezas teatrais O coronel ten a quen lle escribir (1989) e O prazo (1993), Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais; ocupándose da tradución dende o ruso de Sete narradores soviéticos (1991) e de dous libros da colección «Xabarín», Un heroe do noso tempo de M.I. Liérmontof e O primeiro amor de Iván Turgiéñef.
Paula Carballeira presentou Boas noites, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2006 nunha sesión do ciclo de lecturas compartidas «Lendo contigo», organizado en Gondomar por Espazo Lectura. Recollemos un dos vídeos gravados durante a sesión.
Nesta semana rematan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
Calendario de representacións na semana do 24 ao 5 de decembro:
24 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Biblioteca Casa da Cultua de Boiro“Remoldiño vai á feira”
25 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Edificio A Senra en Bergondo “Remoldiño vai á feira”
26 de novembro, ás 12,00 h. e 17,00 h. Espazo Lectura en Gondomar “Remoldiño vai á feira”
27 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Auditorio Quintela de Moaña “Remoldiño vai á feira”
27 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Pastor Díaz de Viveiro “O club da calceta”
27 de novembro, ás 10,30h. e 12,30 h. Auditorio Municipal de Cangas “Os soños na gaiola”
28 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Pastor Díaz de Viveiro “O club da calceta”
5 de decembro, ás 10,30 e 11,30 h. Auditorio centro de maiores de Castro Rivera de Lea “Remoldiño vai á feira”
O vindeiro luns, 10 de novembro, continúan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego.
REMOLDIÑO VAI Á FEIRA
Espectáculo da compañía Casa Hamlet de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.
OS SOÑOS NA GAIOLA
Espectáculo da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
O CLUB DA CALCETA
Peza teatral de unha hora de duración, representada por Teatro do Morcego, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
Calendario de representacións na semana do 10 ao 14 de novembro:
10 de novembro, ás 10,00 h. e 12,00 h. Biblioteca de Pontecesures “Remoldiño vai á feira”
11 de novembro, ás 10,30 h. e 12,30 h. Auditorio Carmen Estévez de Vilalba “Os soños na gaiola”
11 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Casa da Cultura de Noia “Remoldiño vai á feira”
12 de novembro, ás 10,30 h. e 12,30 h. Cine Alovi de As Pontes “Os soños na gaiola”
12 de novembro, ás 10,30 h. e 12,00 h. Capela do Torrente Ballester de Ferrol “Remoldiño vai á feira”
12 de novembro, ás 11,30 h. Casa da Cultura de Burela “O club da calceta”
13 de novembro, ás 11,30 h. Casa da Cultura de Burela “O club da calceta”
13 de novembro, ás 10,30 h. e 12,00 h. Centro Cult. A Fábrica de Oleiros “Remoldiño vai á feira”
O xoves, 6 de novembro, no Teatro Área Panorámica de Tui, ás 10:30 horas e 12:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke. Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
O mércores, 5 de novembro, no Auditorio Municipal Cordeiro de Valga, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet. Este espectáculo de animación, de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
O mércores, 5 de novembro, no Auditorio de Cedeira, ás 10:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá unha representación do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke. Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
O martes, 4 de novembro, e o mércores, 5 de novembro, ás 11:30 horas, no Edificio Multiusos de Monforte, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «O Club da calcetaa» da compañía Teatro do Morcego. Esta peza teatral de unha hora de duración, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
O luns, 3 de novembro, na Biblioteca Municipal de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet. Este espectáculo de animación, de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
O vindeiro luns, 3 de novembro, comezan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego.
REMOLDIÑO VAI Á FEIRA
Espectáculo da compañía Casa Hamlet de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.
OS SOÑOS NA GAIOLA
Espectáculo da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
O CLUB DA CALCETA
Peza teatral de unha hora de duración, representada por Teatro do Morcego, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
Paula Fernández publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica sobre Game over, a peza de Carlos Losada gañadora do IIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil.
A Biblioteca Municipal de Ames, Berrobambán e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro e DVD Boas noites, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. O acto contará coa participación de Paula Carballeira e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Ames (rúa da Raxoeira 14) ás 18:30 horas. A compañía Berrobambán porá en escea Boas noites na Feira Galega das Artes Escénicas que se celebrará en Santiago do 13 ao 17 de outubro.
Lara Rozados publica en A Nosa Terra unha longa reportaxe sobre Francisco Taxes con motivo da publicación da súa Obra dramática na nosa Biblioteca das Letras Galegas, editada polo seu fillo Xurxo.
O Salón Teatro de Santiago acolle mañá 2 de outubro ás 11:00 h a presentación en rolda de prensa da estrea absoluta do espectáculo Game over, da compañía Cachuzo Teatro, así como da publicación, a cargo de Edicións Xerais de Galicia, deste texto de Carlos Losada Galiñáns, premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007, dentro da Biblioteca Dramática Galega. Na presentación intervirá a directora do centro dramático galego-Salón Teatro, Cristina Domínguez Dapena; o director de AGADIC, Miguel Martín; Carlos Losada, autor do texto; Manuel Bragado, director de Xerais; así como Daniel Méndez e Pepa Yáñez, actor e actriz do elenco. A estrea da montaxe será o venres, día 3, ás 20:00 horas; e haberá outras dúas funcións, o sábado 4, ás 20:00 horas e o domingo 5, ás 18:00 horas.
Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de “Game over”. Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.
Óscar Iglesias publica nas páxinas de «Luces» de El País unha reportaxe sobre a aparición da Obra dramática de Francisco Taxes preparada por Xurxo Taxes Díaz.
Xa está ultimado o calendario das oito representacións d’ O club da calceta, a adaptación da novela homónima de María Reimóndez preparada por Teatro do Morcego, dentro da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.
En cada unha destas representacións de Teatro do Morcego, especialmente dirixidas ao alumnado de Bacharelato, será entregado aos asistentes un exemplar da novela de María Reimóndez.
O CLUB DA CALCETA
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
O club da calceta, Teatro do Morcego, ficha artística
Davinia: Estíbaliz Espinosa
Matilde: Susana Dans
Anxos: Laura Ponte
Rebeca: Maxo Barjas
Elvira: Elina Luaces
Nanda: Luisa Merelas
Luz: Inma António
Escenografía: Pastor
Vestiario: La Canalla
Iluminación: Octavio Mas
Música: Anxo Graña
Coreografía: Olga Cameselle
Máis de cento cincuenta persoas ateigaron o salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña para asistir ao acto de presentación da Obra dramática de Francisco Taxes editada dentro da Biblioteca das Letras Galegas. No acto interviron Ramón Nicolás, Xurxo Taxes, Manuel Rivas e a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo.
No blog Trafegando ronseis publícase unha interesante anotación de lectura sobre Limpeza de sangue, o texto dramático de Rubén Ruibal que mereceu o Premio Nacional de Literatura Dramática. Recollemos o primeiro parágrafo do texto:
Limpeza de sangue de Rubén Ruibal (Xerais, 2006) pareceume Teatro de verdade, así con maiúsculas, recomendable tamén para todas e todos os que prefirades ver e non ler teatro, porque se nota que o autor pensou no espectador/a pero tamén no lector/a; fixádevos, se non, na elaboración das didascalias. Tematicamente é ousada, dá moito que pensar e fai gala dun sentido crítico digno do mesmo Vidal Bolaño. Os diálogos son ás veces finamente irónicos e outras tan directos e descarnados que sobrecollen. Todos os ambientes e personaxes están moi acabados. E logo está o seu o humor, como unha especie de elemento compensatorio e indispensable para sobrevivir a toda a corrupción que nos rodea. Unha lectura para pensar e divertirse, en definitiva.
Falar a estas alturas da solvencia técnica de Salgueiro como autor dramático é posíbelmente correr o risco de caer na obviedade. A presente obra non representa, nese sentido, unha excepción no seu habitual bo facer, sobradamente demostrado noutras pezas, e non sempre necesariamente aquelas que tamén foron premiadas. Sinxelamente resta destacar desta historia o manexo minucioso do tempo dramático, e a capacidade de converter unha historia que pasaría por unha pequena anécdota familiar nun cadro detallista que abre longas perspectivas cara a problemas comúns da nosa sociedade e consegue explotar a maior parte dos seus matices. Nas escasas corenta páxinas de Historia da chuvia que cae todos os días atínxese non só ao problema endémico da emigración galega, senón que mesmo se dá cabida á nova realidade da nosa terra como receptora de inmigrantes, que á súa vez están a ser explotados.
O vindeiro martes, 16 de setembro, ás 20:00 horas será presentada na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, a edición da Obra dramáticade Francisco Taxes, publicada por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega. O acto contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Xurxo Taxes (editor da obra), Ramón Nicolás (director da colección), Manuel Rivas (escritor) e Manuel Bragado (director da editorial).
”Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita”, como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) apostou nos seus textos por un teatro popular, comprometido e divertido, contribuíndo deste xeito a converter a arte de Talía nunha ferramenta fundamental na loita a prol da recuperación e a normalización da cultura e a lingua galegas. Este volume, que recolle a súa produción dramática ao completo, inclúe dúas obras inéditas, Caderno de bitácora –representada polo CDG en 1985– e a persoal e transgresora Elas (1997). Na introdución, preparada por Xurxo Taxes Díaz, dáse conta da andaina vital e artística dun dramaturgo que soubo, sen prescindir da defensa dun teatro de diálogos áxiles e aparencia sinxela e natural, afondar nos grandes temas da condición humana, como a morte, a violencia, o poder ou o sexo. Un libro clave para a recuperación dun dramaturgo clave no devir do teatro galego da segunda metade do século XX.
Manuel Vieites García, crítico e director da escola de Arte Dramático de Vigo, publica no Faro da Cultura de hoxe un estudo sobre a nosa edición da Obra dramática de Francisco Taxes preparada por Xurxo Taxes Díaz.
Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de “Game over”. Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.
O sábado, 17 de maio, ás 12,30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo presentaremos o libro e o DVD Boas noites de Paula Carballeira, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. No acto participarán a autora e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. Logo, ás 19,00 horas, no Auditorio Hernán Naval, terá lugar a representación da obra a cargo da compañía Berrobambán.
Xiana, a protagonista de Boas noites, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos… Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do tema, o estrés infantil, un argumento contemporáneo abordado seguindo a tradición fantástica, valéronlle a Paula Carballeira o primeiro premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006. Guía Interactiva: Esta guía interactiva é un DVD co que se pode escoitar a música do espectáculo “Boas noites” e no que ademais se pode acceder a unha serie de actividades orientadas a educadores, nais, pais e rapaces coas que se pode coñecer mellor os medos máis comúns da cultural tradicional galega.