Dende hoxe pode visitarse o redeseño do catálogo web de Xerais. As maiores modificacións realizáronse na ficha de cada unha das obras nas que a partir de agora se poderán realizar comentarios e valoracións por parte dos usuarios, ademais de facilitar que os contidos se poidan compartir nas diversas redes sociais. A páxina inclúe un buscador para o catálogo vivo, un catálogo educativo específico, e senllos buscadores para autores, ilustradores e tradutores. A páxina complétase cun espazo para as novidades do mes (presente, ademais, en carrusel), descargas gratuítas de materiais didácticos e de lectura, páxinas de cada un dos tres premios que convoca a editorial (novela, Merlín e Fundación Caixa Galicia). Completan a páxina os enlaces ao blog (que será renovado nas vindeiras semanas) e aos espazos en twitter e facebook que conforman a identidade dixital actual da editorial.
Etiquetas: xerais
Setembro 21, 2009 ás 4:10 pm |
O de “Enviar correo”=consultas ao autor habería que pulilo un pouco. Non é que non teña curiosidade por saber porque Platón non rematou o Critias, pero sospeito que non me vai contestar.
Setembro 24, 2009 ás 8:48 pm |
Gústame que se poidan valorar as obras e enlazar ás redes sociais. Parabéns