Posts Tagged ‘conversas_con_celso_emilio_ferreiro’
Agosto 28, 2009
Mañá sábado, organizado pola asociación Arraianos, celebraranse en Celanova unha serie de actos con motivo do trinta aniversario do pasamento do poeta Celso Emilio Ferreiro (31 de agosto de 1979).
Ás 12 da mañá, realízarase un acto no Alto do Furriolo (A Bola), onde hai anos se inaugurou un mural creado por Xosé Vizoso, para lembrar os represaliados pola ditadura franquista. Alí haberá un recital a cargo de Xosé Luis Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Baldo Ramos e membros do colectivo Redes Escarlata.
Xa ás 18.30 horas, no cemiterio de San Breixo de Celanova, os actos da homenaxe popular comezarán cun recital poético con Manuel Vilanova e Victor Campio, así como unha lectura dramatizada dos seus artigos xornalísticos. A velada estará amenizada musicalmente e rematará cun diálogo poético de Ramón Nicolás, especialista en Celso Emilio (recentemente publicou Conversas con Celso Emilio Ferreiro).
Etiquetas:anxo_angueira, arraianos, baldo_ramos, celso_emilio_ferreiro, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, manuel_vilanova, méndez_ferrín, ramon_nicolás, redes_escarlatas, víctor_campío, xosé_vizoso
Publicado en Homenaxes, Noticias, Poesía | 1 Comment »
Maio 22, 2009
A edición de Ourense de La Voz de Galicia informa hoxe da presentación de Conversas con Celso Emilio Ferreiro celebrada onte na Casa dos poetas de Celanova. No acto participaron Luís Ferreiro (director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Antonio Mouriño (alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez), Ramón Nicolás (autor do libro) e Manuel Bragado.
Etiquetas:antonio_mouriño, celanova, celso_emilio_ferreiro, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, fundación_curros_enríquez, luís_ferreiro, ramon_nicolás
Publicado en Crónica, Presentacións, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Maio 21, 2009
Xosé Feixó publica no Faro da Cultura unha crítica de Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás, obra que se presenta hoxe, ás 20:00 horas, na Fundación Curros Enríquez de Celanova.
Etiquetas:celanova, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, faro_da_cultura, fundación_curros_enríquez, ramon_nicolás, xosé_feixó
Publicado en Críticas, Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Maio 19, 2009
O xoves, 21 de maio, ás 20:00, na Casa das Poetas de Celanova (rúa dos Poetas 37), realizarase unha presentación de Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto acompañarán ao autor, Luis Ferreiro e Manuel Bragado.
Etiquetas:celanova, celso_emilio_ferreiro, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, luis_ferreiro_loredo, ramon_nicolás
Publicado en Crónica, Entrevistas, Narrativa, Noticias | 2 Comments »
Maio 14, 2009
Mañá, venres 15 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo presentarase o libro Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. O autor estará acompañado por Xesús Alonso Montero, Luis Ferreiro Loredo e Manuel Bragado.
Etiquetas:casa_do_libro, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, luis_ferrreiro_loredo, ramon_nicolás, vigo, xesús_alonso_montero
Publicado en Crónica, Noticias, Presentacións | Leave a Comment »
Abril 20, 2009
Ramon Nicolás, autor de Conversas con Celso Emilio Ferreiro, é entrevistado por Lara Rozados para A Nosa Terra. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante:
Que evolución persoal e ideolóxica atopamos no Celso Emilio que responde a estas entrevistas?
Manexei sobre todo entrevistas dos 60 e dos 70. Había algunhas previas, pero notábaselles certa modulación das preguntas e mesmo certa autocensura. Percíbese unha evolución salientábel cando volve de Caracas, e non agocha a acedume. El sentiuse exiliado, o seu non foi unha migración: a situación en Vigo era imposíbel de manter. Os seus proxectos eran botados abaixo por presións policiais, pinchábanlle o teléfono… O seu foi exilio.
[…]
Descubrimos un Celso Emilio pouco abordado: o ensaísta, en concreto como biógrafo de Curros.
Totalmente, é unha faceta en que cumpría afondar máis. Amais de estudar a Curros, ten escritos de carácter político que darían para máis dun libro, dende a súa posición claramente arredista de preguerra até a clandestinidade, sobre todo en Venezuela, el foi un pensador e ideólogo que achegou, a través de pequenos artigos, reflexións moi claras. E tamén foi moi afeccionado aos libros de historia. Hai anos dei a coñecer unha serie de artigos publicados en Faro de Vigo, nun libriño editado en Xerais (Semblanzas, crónicas e artigos de Celso Emilio Ferreiro), e aínda queda bastante del por publicar, sobre todo de preguerra (cando escribía en Guieiro, das Mocidades Galeguistas).
Etiquetas:a_nosa_terra, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, lara_rozados, ramon_nicolás
Publicado en Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Abril 16, 2009
Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia unha entrevista a Ramón Nicolás con motivo da aparición de Conversas con Celso Emilio Ferreiro. Recollemos algúns parágrafos dunha entrevista moi interesante:
–Celso Emilio Ferreiro é un dos nomes máis coñecidos da literatura galega. ¿Que novidades achega este conxunto de entrevistas?
–Entendín sempre o meu traballo como complemento a anteriores achegas do mesmo carácter que viron a luz hai algúns anos, como as de Porteiro e Perozo ou Freixanes, pero das que aquí prescindo. Trátase de pór de actualidade a súa voz, camiño do seu trinta cabodano, rescatándoa das follas dos xornais e revistas e dispóndoa dun xeito máis efectivo, se se quere, redeseñando o seu perfil. Desde aquelas páxinas que se conservaron fálanos sobre un feixe de asuntos heteroxéneos: desvela datos pouco coñecidos do seu propio perfil biográfico, exprésase con sinceridade sobre o que entende como claves da súa obra ou revela puntos de vista ás veces sorprendentes –pola súa validez, actualidade ou, no seu caso, por seren talvez polémicos– sobre literatura, lingua, política ou Galicia.
[…]
–Como valora a recepción de obra do escritor dende a súa morte?
–Desde o punto de vista da súa obra poética, e tendo en conta que aínda hoxe é un xénero de minorías, entendo que é un poeta «clásico» dos máis lidos, e dos que máis gustan, talvez pola transparencia dos seus contidos, a universalidade dos asuntos tratados e polo ritmo interno que presentan. É evidente que a celebración do Día das Letras no 89 operou como un revulsivo para calibrar a relevancia da súa obra e da súa figura, mais con todo, creo que aínda se poden dar máis pasos para potenciar a súa presenza e valorar con xustiza o seu herdo literario e humano.
Etiquetas:camilo_franco, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, la_voz_de_galicia, ramon_nicolás
Publicado en Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Marzo 18, 2009
Hoxe chegaron da imprenta os primeiros exemplares de Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. Este orixinalísimo título chegará ás librarías na primeira semana do mes de abril.
A través de Conversas con Celso Emilio Ferreiro mergullámonos na significativa persona-lidade dun dos grandes escritores da literatura galega. Da man de Ramón Nicolás, biógrafo e editor da súa obra literaria, rescátase a voz e a palabra do autor celanovés, cando se cumpren trinta anos do seu pasamento, para dar conta da súa opinión política e literaria e para introducirnos no «universo Celso Emilio», que en boa medida goza de plena actualidade e validez. Ramón Nicolás compilou e ordenou, temática e fragmentariamente, as máis das entrevistas que se lle realizaron a Celso Emilio en medios escritos durante a súa vida e, como nun xogo de espellos, recupera o seu criterio e a súa presenza. A súa propia obra literaria, a política, a militancia, as polémicas que protagonizou, a súa perspectiva sobre o ámbito da cultura, a súa opinión sobre cuestións como a lingua galega ou a nación latexan ao longo destas páxinas apaixonantes.
Etiquetas:celso_emilio_ferreiro, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, ramon_nicolás
Publicado en Crónica, Entrevistas, Noticias | Leave a Comment »
Febreiro 25, 2009
No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades.
No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval.
En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez.
Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro. Os días ocultos.
En Xerais Manuais aparecerá Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica de Juan Blanco Valdés.
Nesta entrada editorial da nova primavera particular importancia terá a edición infantil na que se publicará, dentro da colección Xerais Merlín O sombreiro Chichiriteiro, o primeiro libro infantil de Manuel Rivas, ilustrado por Patricia Castelao.
Así mesmo, na renovada serie Merliño aparecerán catro novos títulos, encadernados en tapa dura: Pinga de chuvia de Ánxela Gracián, ilustrado por David Díaz Trigo; O arco da vella de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás; Dona Landra no río revolto de Alberto Varela Ferreiro e Baldrás, o xigante en Vilapedra, libro cedé de Iolanda Eiras, ilustrado por Francisco Bueno.
Por último, na serie de libros ilustrados publicarase Cabalos de vento, curros de pedra, froito da colaboración creativa entre o fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente falecido; e na de materiais didácticos Lingua e Literatura Galegas. probas de Selectividade 2009.
Etiquetas:alberto_varela_ferreiro, ánxela_gracián, baldras_o_xigante_en_vilapedra, charo_pita, conversas_con_celso_emilio_ferreiro, daniel_ameixeiro, david_díaz_trigo, dona_landra_no_río_revolto, do_orixinal_ao_libro, francisco_bueno, francisco_xosé_fernández_naval, iolanda_eiras, juan_blanco_valdés, manuel_rivas, novela, o_arco_da_vella, para_seguir_bailando, patricia_castelao, peaxes, pinga_de_chuvia, ramón_piñeiro_os_días_ocultos, ramon_nicolás, relatos, santiago_lopo, xosé_tomás
Publicado en Crónica, Fóra_de_colección, Infantil, Merlín, Narrativa, Noticias | Leave a Comment »