Descarga dende aquí un capítulo en pdf da novela de Rosa Aneiros, Ás de bolboreta, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009. Boa lectura!
Archive for the ‘Adiantos_para_ler’ Category
“Sol de Inverno”, Premio Xerais de novela 2009, avance dun capítulo
Xuño 19, 2009Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Boa lectura!
«Transhumantes», un conto inédito de Iolanda Zúñiga en «Luces»
Febreiro 13, 2009O suplemento «Luces» de El País Galicia inaugura a súa sección de «Inéditos» con «Transhumantes», un relato de Iolanda Zúñiga, a autora do libro de relatos Vidas pos-it e do recente poemario Amor amén. Os nosos parabéns para Iolanda.
«Riofero», espazo web e blog para a novela
Xaneiro 29, 2009Xelís de Toro con motivo da aparición de Riofero acaba de abrir un espazo web para a novela, onde se pode baixar o primeiro capítulo, escoitar sete temas musicais (gravados polo autor en colaboración con outros artistas como Narf, Johny Rabbs, e The Vitamin B12) ou deixar comentarios no blog. Os nosos parabéns a Xelís.
«O Globo de Shakespeare», adianto de lectura
Outubro 14, 2008Xa pode baixarse un fragmento de lectura d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar premiada co Terra de Melide 2008.
“Outra Galiza”, adianto
Xuño 25, 2008Aquí poden descargarse vinte páxinas do novo libro de xornalismo de Suso de Toro, Outra Galiza. Este documento pdf inclúe o limiar do libro e dous traballos correspondentes ás dúas partes da obra: “o traxe non vale” (primeiro traballo do capítulo “O tempo aberto”) e “Outras ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”). Outra Galiza será presentada aos medios de comunicación o luns 30 de xuño, ás 12:00 horas, no Club Internacional de Prensa de Santiago e o autor asinará exemplares na Feira do Libro de Vigo no serán do venres 4 de xullo.
“Os Grouchos”, adianto
Xuño 24, 2008Aquí poden descargarse as primeiras páxinas d’ Os Grouchos. O documento pdf inclúe a presentación do libro (“Ir de grouchos”) e o primeiro dos traballos xornalísticos (“Decálogo do galego”).
“O xardín das pedras flotantes” de Manuel Lourenzo González, adianto
Xuño 12, 2008Aquí poden baixarse en pdf cinco páxinas do orixinal d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXVº Premio Xerais de Novela. O texto corresponde ao capítulo 48, da terceira parte, “O amor”.
“Xenaro e o misterio da mochilota verde” de Mar Guerra, adianto
Xuño 12, 2008Aquí pode lerse o pdf dun capítulo do orixinal de Xenaro e o misterio da mochilota verde, a novela de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil.
“A cabeza de Medusa” de Marilar Aleixandre, adianto
Xuño 10, 2008Xa se pode ler o capítulo 9, que leva por título “Mordendo as uñas”, d’ A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, novela gañadora do III Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
“Festina lente”, adianto primeiras páxinas
Maio 30, 2008Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de abrir un blog da novela. Boa lectura!