O telefilme O club da calceta, dirixido por Antón Dobao e baseado na novela homónima de María Reimóndez, foi escollida para participar na categoría de Mellor Ficción Europea nos premios Prix Europa. Estes galardóns convócanse anualmente para seleccionar os mellores traballos audiovisuais do continente en televisión, radio e novos medios. Os nosos parabéns para Dobao e Reimóndez.
Archive for the ‘Cine’ Category
«O club da calceta», entre as mellores ficcións televisivas de Europa
Setembro 21, 2009«O club da calceta», trailer da película
Abril 16, 2009«O club da calceta», o trailer da película
Abril 7, 2009No portal Flocos pode verse o trailer da película O club da calceta, baseada na novela homónima de María Reimóndez, e dirixida por Antón Dobao.
A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009
Marzo 25, 2009A película O Club da calceta, adaptación cinematográfica dirixida por Antón Dobao da novela homónima de María Reimóndez, resultou vencedora do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Vila Nova de Famalicao (Famafest 2009). O xurado, que concedeu o galardon por unanimidade salientou da película galega «a profunda reflexión que ofrece sobre a condición feminina». Agardamos con interese a súa estrea por parte da TVG. Os nosos parabéns á autora da novela e o director da película.
«A clase», candidata aos Óscar
Xaneiro 23, 2009A película de Laurente Cantet Entre les murs (A clase), baseada na novela homónima de François Bégaudeau, foi declarada onte como unha das cinco candidatas ao Óscar á mellor película en fala non inglesa. A película, que xa obtivera a Palma de Ouro de Cannes 2008, foi estreada o pasado venres e pode verse en dúas salas galegas. A edición galega da novela, traducida por Xavier Senín e Isabel Soto, xa está tamén dispoñible nas librarías.
«A clase», chega ás librarías
Xaneiro 15, 2009O venres 16 comeza a chegar as librarías galegas A clase, coincidindo coa estrea da película homónima de Laurent Cantet, protagonizada polo autor da novela, François Begaudeau. Tamén se coñeceu hoxe que A clase (Entre les murs) será unha das nove candidatas preseleccionadas que optarán ao quinteto do que sairá o Oscar a mellor película de fala non inglesa.
«Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.»
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008. A tradución galega foi preparada por Xavier Senín e Isabel Soto López.
«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009
Decembro 29, 2008A clase, a exitosa novela de François Begaudeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, será a primeira novidade de Xerais Narrativa para 2009. A clase aparecerá nas librarías, na segunda semana de xaneiro coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar.
«Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.»
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.
François Bégaudeau (Luçon 1971) é profesor, xornalista deportivo, escritor, cantante e actor. Colaborador habitual de varias revistas culturais: Inculte, Cahiers du cinéma, Transfuge e cronista de La matinale de Canal +. Iniciou a súa carreira como narrador en 2003 coa publicación da novela Jouer juste. Posteriormente publicou a novela Dans la diagonale (2005) e a ficción biográfica Un démocrate, Mick Jagger 1960-1969. Xa en 2006 publicou Entre les murs (A clase, Xerais 2008), a súa terceira novela, que recibiu o Prix France Culture/Telerama e o recoñecemento apoteósico do público francés. En 2007 publicou a súa cuarta novela Fin de l’ histoire e en 2008 o ensaio Antimanuel de litterature e a peza teatral Le problème. En 2008 Entre les murs foi adaptada ao cinema por Laurent Cantet, película na que o propio Bégaudeau participou como coguionista e intérprete do papel do profesor protagonista e que, ademais, mereceu a Palma de Ouro do Festival de Cannes do mesmo ano.