O sábado, 16 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Lembrabza Sargadelos do Grove (rúa Castelao 52 A) presentarase a novela de Daniel Ameixeiro, Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor estará acompañado no acto do editor Manuel Bragado.
Posts Tagged ‘ramón_piñeiro’
“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, presentación no Grove
Maio 15, 2009Unha novela protagonizada por Ramón Piñeiro
Abril 7, 2009Ramón Piñeiro. Os días ocultos é a novela de Daniel Ameixeiro protagonizada por Ramón Piñeiro e Víctor Campio. Estará nas librarías á volta de semana santa.
Nesta novela de Daniel Ameixeiro os fíos da memoria vanse enguedellando e desenguedellando nun relato no que Ramón Piñeiro volve unha e outra vez aos difíciles días da posguerra, uns días nos que un grupo de galeguistas, enfrontándose á dura represión da ditadura e case sen medios, conseguiron ir abrindo fendas naquela abafante escuridade. Seguindo as palabras de Piñeiro, unha das figuras máis destacadas da Galicia do século XX, imos percorrendo momentos determinantes da nosa historia. A vida de Ramón Piñeiro vese complementada coa de Víctor Campio, as dúas vencelladas pola época que lles tocou vivir e pola idea dunha Galicia dona de si. Unha Galicia que se foi construíndo dende o esforzo xeneroso e dende unha firme fe no ideal. Unha Galicia que se foi construíndo, sobre todo, dende a ilusión e dende a esperanza. Un tempo, dúas voces, a mesma teima: Galicia.
«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»
Abril 7, 2009Os compañeiros da editorial Galaxia fanse eco no seu blog da aparición de Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo, o libro de Xosé Ramón Rodríguez Polo. Agradecemos tan magnífica deferencia.
«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»
Abril 2, 2009Pilar Ponte publica no «Faro da Cultura» d ehoxe unha crítica de Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo, o ensaio de Xosé Ramón Rodríguez Polo.
«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»
Febreiro 16, 2009Chegou do prelo o primeiro dos nosos títulos do «Ano Ramón Piñeiro», o libro do profesor Xosé Ramón Rodríguez Polo Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo (1939-1982). Estará nas librarías a vindeira semana.
Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo de Xosé Ramón Rodríguez Polo aborda a estratexia que elaboraron os galeguistas encamiñada a preparar á sociedade para o escenario –entón incerto– da restauración da democracia. Buscaban unha estratexia de longo prazo que lles permitise despregar unha acción efectiva sobre a opinión pública para contrarrestar a influencia do franquismo e avivar a conciencia da propia identidade. Os galeguistas, liderados por Ramón Piñeiro, inauguraron unha vía alternativa que recuperou para a sociedade os valores e ideais do galeguismo, e construiu para a política un marco de xogo que todos os partidos debían asumir. E desenvolveron unha importante actividade pública no ámbito cultural, porque entendían que a cultura era o factor clave tanto da conciencia identitaria coma da mesma existencia de Galicia como pobo. O seu obxectivo era evitar que o sentimento galego fose instrumentalizado por ningún partido político, para permitir que todos os galegos, á marxe da súas posicións ideolóxicas, puidesen sentirse plenamente integrados.