Descarga dende aquí un capítulo en pdf da novela de Rosa Aneiros, Ás de bolboreta, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009. Boa lectura!
Archive for the ‘Descargas’ Category
“Sol de Inverno”, Premio Xerais de novela 2009, avance dun capítulo
Xuño 19, 2009Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Boa lectura!
Agustín Fernández Paz: «Oito doas para San Simón»
Xuño 8, 2009Agustín Fernández Paz, como mantedor literario da XXVIª edición dos Premios Xerais, leu o discurso titulado Oito doas para san Simón (pode descargarse o arquivo pdf aquí)), no que fixo unha defensa do papel da creación literaria en lingua galega como forma de participar na cultura da humanidade. Nesta liña rematou a súa intervención con estas palabras:
Estamos afeitos a traballar en situacións adversas. Na historia da nosa literatura as liñas de resistencia activa veñen de lonxe. De Rosalía, rebelándose contra o feito de sentirse estranxeira na súa patria; de Curros, que denuncia a ameaza dos lobos e clama pola unión; de Cunqueiro pechado na súa bufarda de Mondoñedo a soñar as mil primaveras para a lingua estigmatizada; de Celso Emilio, falándolle como un irmau solidario a todos os desposuído do mundo… A nosa forma de participar na cultura da humanidade é desenvolvendo a cultura galega. Temos dentro de nós a materia que lle pode interesar a calquera persoa en calquera lugar do mundo, só precisamos plasmala a través do proceso de creación. Para conseguilo, cómpre chantar os pés na nosa realidade e, coas raíces na terra, abrirnos a todos os ventos culturais do mundo. Porque aquí están as fábricas da imaxinación das que fala Manuel Rivas, delas poden saír creacións que tamén se lean en toda a periferia mundial. Obras cargadas de vida, obras cunha luz tan forte que sexa imposible de agochar. Un dos trazos máis significativos da cultura galega, que tan ben souberon expresar os membros da Xeración Nós, é a súa vocación de ser célula de universalidade, a súa vontade de ser unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas: a súa conciencia de que só se pode ser universal desde as propias raíces.
“Unha conversa con Ramón Piñeiro”
Maio 18, 2009Unha conversa con Ramón Piñeiro de Suso de Toro é o primeiro libro, que con motivo da efeméride do 17 de maio de 2009, Xerais publica en soporte exclusivamente dixital (30 páxinas).
Pode baixarse gratuitamente en soporte pdf dende aquí.
Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables
Febreiro 6, 2009Xa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.
Programación “Lengua Castellana”, 4º de ESO
Xullo 11, 2008Aquí pode baixarse a programación didáctica de Lengua Castellana y Literatura de 4º de ESO.
Programación de “Ciencias da Natureza” 2º de ESO
Xullo 11, 2008Aquí pode descargarse a programación de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.
Programacións de “Física e Química”
Xullo 11, 2008Aquí pode descargarse a programación didáctica de Física e Química 4º de ESO e aquí a correspondente á mesma materia de 1º de Bacharelato.
Optativas de Bacharelato
Xuño 28, 2008Aquí pode descargarse o decreto que establece a relación de materias optativas de bacharelato, o seu currículum e regula a súa oferta. Como materias optativas de oferta obrigatoria en todas as modalidades de bacharelato aparecen Música (1º), Segunda lingua estranxeira (1º e 2º) e Tecnoloxías da información e comunicación (1º). Como outras optativas a ofertar, sempre que a organización e os recursos do centro o permitan, figuran: “Antropoloxía” (1º), “Ética e filosofía do dereito” (2º), “Filosofía da ciencia e tecnoloxía” (2º), “Métodos estatisticos e numéricos” (2º) e “Xeografía e historia de Galicia” (2º).
Con respecto ao regulamento anterior, desaparecen as materias de “Literatura galega do século XX” e “Introdución ás Ciencias Políticas e Socioloxía”. Así mesmo, pasan de 1º a 2º curso a “Ética e Filosofía do dereito” e os “Métodos estatísticos e numéricos”.
A orde tamén establece a posibilidade de cursar como optativa, unha materia propia de modalidade.
Estas materias optativas terán unha duración de catro horas semanais.
“Outra Galiza”, adianto
Xuño 25, 2008Aquí poden descargarse vinte páxinas do novo libro de xornalismo de Suso de Toro, Outra Galiza. Este documento pdf inclúe o limiar do libro e dous traballos correspondentes ás dúas partes da obra: “o traxe non vale” (primeiro traballo do capítulo “O tempo aberto”) e “Outras ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”). Outra Galiza será presentada aos medios de comunicación o luns 30 de xuño, ás 12:00 horas, no Club Internacional de Prensa de Santiago e o autor asinará exemplares na Feira do Libro de Vigo no serán do venres 4 de xullo.
“Os Grouchos”, adianto
Xuño 24, 2008Aquí poden descargarse as primeiras páxinas d’ Os Grouchos. O documento pdf inclúe a presentación do libro (“Ir de grouchos”) e o primeiro dos traballos xornalísticos (“Decálogo do galego”).
Programación de “Ética e educación para a cidadanía”
Xuño 24, 2008Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ética e educación para a cidadanía de 4º de ESO.
Programación de “Ciencias para o Mundo Contemporáneo”
Xuño 24, 2008Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º de BAC.
Currículum de Bacharelato
Xuño 23, 2008Hoxe saíu publicado no DOG o Decreto de currículum do Bacharelato LOE da Consellaría de Educación. Inclúe os currículums de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pode descargarse en pdf aquí.
Programación de “Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais”
Xuño 19, 2008Dende hoxe pode baixarse aquí en pdf (61 páxinas) a programación didáctica de Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais de 1º de Bacharelato.
Programación de “Educación para a cidadanía”, 2º de ESO
Xuño 12, 2008Aquí pode descargarse a programación de Educación para a cidadanía de 2º de ESO.
Programación de “Lingua e literatura” 4º de ESO
Xuño 12, 2008Aquí pode baixarse a programación en pdf (47 páxinas) de Lingua e literatura de 4º de ESO.
“O xardín das pedras flotantes” de Manuel Lourenzo González, adianto
Xuño 12, 2008Aquí poden baixarse en pdf cinco páxinas do orixinal d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXVº Premio Xerais de Novela. O texto corresponde ao capítulo 48, da terceira parte, “O amor”.
“Xenaro e o misterio da mochilota verde” de Mar Guerra, adianto
Xuño 12, 2008Aquí pode lerse o pdf dun capítulo do orixinal de Xenaro e o misterio da mochilota verde, a novela de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil.
Programación “Lingua e literatura” 2º de ESO
Xuño 10, 2008Aquí pode baixarse a programación en pdf (46 páxinas) de Lingua e literatura de 2º de ESO.
Programación de “Matemáticas”
Xuño 10, 2008Aquí pode baixarse a programación en pdf (63 páxinas) de Matemáticas 1º de BAC (Ciencias e Tecnoloxía).
“A cabeza de Medusa” de Marilar Aleixandre, adianto
Xuño 10, 2008Xa se pode ler o capítulo 9, que leva por título “Mordendo as uñas”, d’ A cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, novela gañadora do III Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
Programacións de Bacharelato
Xuño 4, 2008Nestes días comezamos a subir á rede as primeiras versións, en formato pdf, das programacións didácticas dos novos libros de Bacharelato. Aquí pode descargarse o documento (64 páxinas) de Lingua e Literatura e aquí o documento (172 páxinas) de Lengua castellana y literatura, ambos os dous de 1º de Bacharelato. Nos próximos días subiremos os documentos de Matemáticas e Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Pode obterse máis información sobre os materiais didácticos en Xerais blog de lingua.
“Festina lente”, adianto primeiras páxinas
Maio 30, 2008Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de abrir un blog da novela. Boa lectura!
Programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato
Maio 23, 2008En Xerais lingua, poñemos á disposición do profesorado de Bacharelato unha primeira versión, aínda non definitiva, da programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato de Xerais para o curso 2008-2009, que se pode descargar en formato pdf.