Archive for the ‘Libros_texto_ESO’ Category

«Os materiais curriculares en Galicia»

Febreiro 20, 2009

Chega ás librarías durante estes días de entroido  Os materiais curriculares en Galicia, a investigación de Xesús Rodríguez Rodríguez,  profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.

xg00136301Os materias curriculares en Galicia é froito dunha investigación do profesor Xesús Rodríguez Rodríguez que nos achega á percepción que o profesorado de Galicia manifesta sobre os libros de texto e materiais curriculares impresos que foron elaborados para empregar na súa práctica docente; é, ademais, un achegamento á opinión do profesorado para dar a coñecer as súas valoracións acerca dos recursos e materiais que foron pensados para o seu uso. Qué grao de coñecemento posúe o profesorado dos materiais que foron elaborados para axudalo na súa actividade docente?, Que funcionalidade presentan?, Qué tipo de materiais se empregan habitualmente?, Cales son as principais necesidades de recursos e de formación que sinala o profesorado?, Que opinión existe das características que presentan os materiais?, Que tipo de materiais elabora o propio profesorado na escola?

Este libro quere servir de guía e preocupación para reflexionar sobre estas e outras cuestións, tan importantes para o desenvolvemento dunha práctica educativa de calidade. As valoracións e os resultados que aparecen recollidos neste libro constitúen un apoio moi importante para os distintos colectivos que desexen coñecer o que acontece na práctica educativa cos materiais e tamén para as institucións e profesionais que teñen que tomar decisións sobre os mesmos. Este estudo tamén dá a coñecer en que estado se encontra a teoría que se formolou ao redor dos materiais nas Reformas Educativas e comprobar en que medida se reflicte e exerce influxo na práctica.

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

Febreiro 6, 2009

tanxenteXa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.

Entrevista a Mercedes Oliveira, coautora de «Educación para a Cidadanía»

Setembro 21, 2008

Faro de Vigo publica unha entrevista a Mercedes Oliveira, coautora dos tres manuais de Educación para a Cidadanía editados por Xerais.

Programación “Lengua Castellana”, 4º de ESO

Xullo 11, 2008

Aquí pode baixarse a programación didáctica de Lengua Castellana y Literatura de 4º de ESO.

Programación de “Ciencias da Natureza” 2º de ESO

Xullo 11, 2008

Aquí pode descargarse a programación de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Programacións de “Física e Química”

Xullo 11, 2008

Aquí pode descargarse a programación didáctica de Física e Química 4º de ESO e aquí a correspondente á mesma materia de 1º de Bacharelato.

Programación de “Ética e educación para a cidadanía”

Xuño 24, 2008

Aquí pode descargarse a programación didáctica de Ética e educación para a cidadanía de 4º de ESO.

“Educación para a cidadanía”, “La Voz de Galicia”

Xuño 22, 2008

La Voz de Galicia publica hoxe unha reportaxe sobre os manuais de Educación pra a cidadanía para 2º de ESO. O autor da reportaxe dedica un despece ao libro editado por Xerais.

“Educación para a cidadanía”, “Galicia hoxe”

Xuño 13, 2008

Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre os nosos libros de Educación para a cidadanía de 2º de ESO.

Programación de “Educación para a cidadanía”, 2º de ESO

Xuño 12, 2008

Aquí pode descargarse a programación de Educación para a cidadanía de 2º de ESO.

Programación de “Lingua e literatura” 4º de ESO

Xuño 12, 2008

Aquí pode baixarse a programación en pdf (47 páxinas) de Lingua e literatura de 4º de ESO.

Programación “Lingua e literatura” 2º de ESO

Xuño 10, 2008

Aquí pode baixarse a programación en pdf (46 páxinas) de Lingua e literatura de 2º de ESO.

«Ética e Educación para a Cidadanía 4º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

Maio 29, 2008

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Ética e Educación para a Cidadanía 4º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

Esta proposta, con 112 páxinas, presenta 6 bloques de contidos que desenvolven o currículo establecido pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia (2007). Cada bloque está dividido, á súa vez, en diferentes partes, que se corresponden co concepto de unidade didáctica. En total, o libro consta de 21 unidades (7 unidades por trimestre).

O libro presenta a seguinte estrutura:

SUMARIO: cada bloque ábrese cun sumario onde se detallan as unidades que se van desenvolver.

PARA COMEZAR…: neste apartado, que abre cada unha das unidades, inclúense actividades de problematización destinadas a presentar os contidos mediante textos, vídeos, imaxes, formulación de hipóteses… Trabállase coa aprendizaxe previa do alumnado co fin de reflexionar e suscitar problemas.

PARA COMPRENDER: as cuestións formuladas en «Para comezar…» estrutúranse teoricamente neste apartado. Aquí desenvólvense os contidos conceptuais, apoiados e reforzados cos cadros denominados «Informámonos» (con actividades, textos de lectura ou visionado de imaxes) e «Reflexionamos» (con actividades de reflexión e comprensión).

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: apartados que pechan cada unidade, onde se ofrecen materiais complementarios e actividades de ampliación.

DVD PARA O PROFESORADO
O libro vai acompañado dun DVD para o profesorado onde se incorpora o material audiovisual (fundamentalmente cortes de filmes) ao que se fai referencia no manual.

Premendo na imaxe que vén deseguido pódese ver o índice de contidos do libro.

«Educación para a Cidadanía 2º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

Maio 28, 2008

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Educación para a Cidadanía 2º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

Esta proposta, con 120 páxinas, presenta 4 bloques de contidos que desenvolven o currículo establecido pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia (2007). Cada bloque está dividido, á súa vez, en diferentes partes, que se corresponden co concepto de unidade didáctica. En total, o libro consta de 16 unidades (5 unidades por trimestre).

O libro presenta a seguinte estrutura:

SUMARIO: cada bloque ábrese cun sumario onde se detallan as unidades que se van desenvolver.

QUE SABES DE…?: neste apartado, que abre cada unha das unidades, inclúense actividades de problematización destinadas a presentar os contidos mediante textos, vídeos, imaxes, formulación de hipóteses… Trabállase coa aprendizaxe previa do alumnado co fin de reflexionar e suscitar problemas.

PARA COMPRENDER: as cuestións formuladas en «Que sabes de…?» estrutúranse teoricamente neste apartado. Aquí desenvólvense os contidos conceptuais, apoiados e reforzados cos cadros denominados «Informámonos» (con actividades, textos de lectura ou visionado de imaxes) e «Reflexionamos» (con actividades de reflexión e comprensión).


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
e PARA SABER MÁIS: apartados que pechan cada bloque, onde se ofrecen materiais complementarios e actividades de ampliación.

DVD PARA O PROFESORADO
O libro vai acompañado dun DVD para o profesorado onde se incorpora o material audiovisual (fundamentalmente cortes de filmes) ao que se fai referencia no manual.

Premendo na imaxe que vén deseguido pódese ver o índice de contidos do libro.

Catálogo de texto ESO e BAC 2008/2009

Maio 21, 2008

O profesorado de ESO e BAC pode baixar aquí en PDF o noso Catálogo de libro de texto para o curso 2008/2009. Inclúe as novidades de Lingua e literatura galegas, Lengua castellana y literatura, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Ciencias Medioambientais e da Saúde, Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía, Ética e Educación para a Cidadanía, Filosofía e Cidadanía, Ética e Filosofía do Dereito, Economía e Música.

Novo blog: Xerais lingua

Maio 13, 2008

Hoxe abrimos a versión beta dun novo blog da editorial: Xerais lingua. Neste novo espazo publicaremos noticias sobre os nosos materiais da área de lingua e literatura galega, tanto de Primaria, ESO como Bacharelato, así como recursos didácticos d einterese para o profesorado da área. As primeiras noticias dan contan das novidades que presentamos estes días ao profesorado de Secundaria: Lingua e literatura galegas 1º de Bacharelato e Lingua e literatura galegas para 2º e 4º de ESO.

Curso en liña para o profesorado de Matemáticas

Abril 16, 2008

No noso espazo web pode atoparse información sobre a convocatoria dun curso de formación, a través de Internet, dirixido ao profesorado de matemáticas do ensino secundario.

Con este curso, organizado en colaboración co ICE da Autónoma de Madrid, Xerais pretende colaborar na formación do profesorado de matemáticas no emprego de programas informáticos como Wiris (do que Xerais realizou a súa versión en galego este curso), GeoGebra, Excel ou Calc. Os dous titores do curso serán José María Arias Cabeza e Ildefonso Maza Sáez, autores dos nosos materiais curriculares (libros de texto, propostas didácticas e propostas didácticas dixitais) de matemáticas para ESO e Bacharelato.