Aquí pode escoitarse a conversa que os responsables do Diario Cultural da Radio Galega mantiveron coas sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire, autoras da investigación recollida no libro Prostitución: clientes e outros homes.
Posts Tagged ‘diario_cultural’
“Prostitución: clientes e outros homes”
Xullo 27, 2009Alonso Montero entrevistado no “Diario Cultural” da RG
Xullo 17, 2009Aquí pode escoitarse a entrevista ao profesor Xesús Alonso Montero emitida no Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1636-1948).
Rosa Aneiros, primeiras entrevistas
Xuño 8, 2009Rosa Aneiros, a gañadora tanto do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 por Ás de bolboreta como do Xerais de Novela 2009 por Sol de Inverno, realizou as primeiras entrevistas para os medios. Recollemos as que fomos localizando.
- “Non traballei en paralelo coas dúas novelas” (Camilo Franco, La Voz de Galicia).
- “Rosa Aneiros gana el Xerais con una obra sobre los exilios” (Daniel Salgado, El País Galicia).
- “Estes premios son unha homenaxe aos lectores” (Tamara Navaza AGN, Diario de Pontevedra, El Progreso).
- “Sobre Sol de Inverno” (audio en culturagalega.org).
- “Sobre Ás de bolboreta” (audio en culturagalega.org).
- Entrevista no Diario Cultural da RG (pode escoitarse a lectura dun fragmento de Sol de Inverno).
- “Non creo que as críticas sexan quen de empañar as felicitacións” (A. Losada, Xornal de Galicia).
- “Cando era pequena, a través do meu padriño, coñecía mellor as rúas de La Habana que as de Ferrol” (Vieiros).
- “Parece que só traballas cando estás nos medios” (Óscar Iglesias, El País Galicia).
- “Sol de Inverno xoga a crear unha vida sen saber que sucedeu de verdade” (Praza das Letras).
Juan Blanco Valdés no «Diario Cultural»
Maio 1, 2009Aquí pode escoitarse a entrevista que no Diario Cultural de Radio Galego fixeron a Juan Blanco Valdés, autor Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica.
Entrevistas aos gañadores dos Premios da Crítica
Abril 20, 2009Aquí poden escoitarse as dúas entrevistas emitidas hoxe no Diario Cultural da Radio Galega con Chus Pato e Marcos Calveiro, gañadores dos Premios da Crítica 2008.
Espazo radioescénico: entrega do IIIº premio de Teatro Radiofónico
Abril 19, 2009Aquí pode escoitarse a hora de radio e teatro na radio, celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, na que se entregou o IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O libro cedé, que inclúe a peza gañadora, Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas, e as dúas finalistas Servizo de Urxencias de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira, estará nas librarías ao longo deste vindeira semana.
Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico
Abril 13, 2009O vindeiro mércores, 15 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a gala de entrega da IIIª edición do Premio «Diario Cultural» de Teatro radiofónico. Será entón cando Rubén Ruibal e César Candelas reciban o premio por Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, peza protagonizada polo boxeador britano Peter Buckley,un eterno perdedor. Esta peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros, Xerais presentará na gala o libro-CD que incluirá tanto a peza gañadora como as obras finalistas, O xou mas gou on de Eva Ferreira e Servizo de información de Paula Carballeira.
«Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley», Premio Teatro Radiofónico
Marzo 26, 2009Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico «Diario Cultural« pola súa obra Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, protagonizada polo boxeador britano peter Buckley,un eterno perdedor. A peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros, Xerais editará a peza nun libro-CD que tamén incluirá as obras finalistas, O xou mas gou on de Eva Ferreira e Servizo de información de Paula Carballeira. O xurado, –formado por Cándido Pazó, Cristina Domínguez, Flor Maceiras, Camilo Franco e Ana Romaní– destacou que a historia de Peter Buckley «emprega pautas do xénero negro, convertendo o relato nunha translación radiofónica dun ambiente cinematográfico» e con «personaxes ben perfilados». O premio será entregado o 15 de abril nunha gala, que se desenvolverá no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e na que será presentado o libro cedé. Entrevista cos autores en Galicia hoxe.
Xelís de Toro entrevistado no «Diario Cultural»
Marzo 24, 2009Aquí pode escoitarse a entrevista con Xelís de Toro emitida hoxe no «Diario Cultural» da Radio Galega con motivo da aparición de Riofero.
«Riofero» no «Diario Cultural»
Marzo 4, 2009Ao longo de toda esta semana o «Diario Cultural» da Radio Galega (emítese de 15:00 a 16:00 horas) dedica a Riofero a súa páxina de Narrativa. A raíz da publicación desta novela, Xelís de Toro mantén abertos un espazo web (onde se poden escoitar oito temas musicais e acceder á lectura do primeiro capítulo da obra) e un blog (no que se publican novas e comentarios de lectores e do autor).
Jaureguizar entrevistado polo «Diario Cultural»
Febreiro 13, 2009Jaureguizar, autor d’ O Globo de Shakespeare, foi entrevistado hoxe no «Diario Cultural» da Radio Galega. A entrevista pode escoitarse aquí.
Goretti Sanmartin entrevistada polo «Diario Cultural»
Febreiro 13, 2009O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou onte a Goretti Sanmartín con motivo da presentación do seu libro Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. A entrevista pode escoitarse aquí.
As novidades de literatura dramática de 2008 por Rubén Ruibal
Xaneiro 18, 2009Na recollida de textos publicados polos medios, que vimos realizando no blog, quedounos atrás o magnífico traballo que Rubén Ruibal publicou o pasado 3 de xaneiro no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia (non está publicado na rede). No longo artigo, que ocupa dúas páxinas, o autor fai un percorrido polas novidades de literatura dramática publicadas en 2008. Recollemos algúns dos parágrafos que fan referencia aos títulos editados por Xerais:
Tentando citar todo, emprezo pola literatura infantil. A publicación máis destacada do 2008 foi o Game over de Carlos Losada, gañador do premio Manuel María 2007. […] Levado á escena por Cachuzo, é posible que no 2009, se a lotería das programacións o contempla, teñamos de novo a oportunidade de velo nos escenarios galegos. Ó meu modo de ver, o espectáculo ten un gran problema: lonxe do habitual, non trata ós nenos coma parvos.
[…]
Falando de autores galegos que chegan ós escenarios, se cadra con menos fortuna do que merecen, Roberto Salgueiro publicou no 2008 dentro da Biblioteca Dramática Galega de Xerais o texto gañador do premio Álvaro Cunqueiro 2007, Historia da chuvia que cae tódolos días, no que un pai, un fillo e a moza deste viven, sofren e reflexionan en torno ás miserias da emigración e da permanencia na terra propia nun espazo fechado arredor do cal todo se afunde na auga da chuvia; un texto ben recomendable. Nesa colección publica Raúl Dans, Nachtmarhr, un exercicio de liberdade literaria que non deixa escapar ó lector dende a primeira á ultima liña e sorprende pola riqueza de imaxes escénicas que provoca. Unha das miñas pezas preferidas deste autor e, probablemente, do 2008. Xerais tamén sacou á rúa o libro-CD do IIº certame de Teatro radiofónico do «Diario Cultural» da Radio Galega, a oportunidade de ler teatro sen esforzo de pasar páxinas
sequera; non teñen excusa. Xerais agasallounos, tamén, xa para rematar, coa Obra Dramática de Francisco Taxes, un gran libro que merece, en calquera país teatralmente civilizado, algo mási que esta simple nota nunha sorte de resume anual. Un volume imprescindible. Rubén Ruibal
«A batalla do paraíso triste» no «Diario Cultural»
Xaneiro 13, 2009Aquí pode escoitarse a entrevista a Xosé Ramón Pena emitida hoxe no Diario Cultural da Radio Galega con motivo da publicación d’ A batalla do paraíso triste.
María do Cebreiro no «Diario Cultural»
Decembro 21, 2008O pasado xoves, 18 de decembro, María do Cebreiro foi entrevistada no Diario Cultural con motivo da aparición do seu poemario Non son de aquí.
«Fendas abertas» no «Diario Cultural»
Decembro 2, 2008Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.
Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008
Novembro 11, 2008A vida do outro de Carlos G. Reigosa é a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2008 dado a coñecer no día de hoxe. «Que me fixo a min a Transición e a consolidación democrática posterior?» é a pregunta que trata de responder, aos cincuenta e seis anos, o protagonista da obra, o director dun xornal madrileño (de orixe galega), cando despois de ter un amago de infarto se decata que non se coñece a si mesmo. Escrita toda ela en primeira persoa, A vida do outro é, en palabras do autor, «unha novela sobre o xornalismo e a vida». Carlos G. Reigosa, autor dunha longa obra narrativa e ensaística toda ela en galego publicada por Xerais, agarda estes días a publicación de Laxeiro por si mesmo, no que recupera a entrevista, aínda inédita, que lle fixera hai vinte anos ao xenial pintor de Botos. Case vinte e cinco anos despois de obter o primeiro Premio Xerais de Novela por Crime en Compostela, Reigosa recunca nun dos máis prestixiosos premios literarios das literaturas galega e castelán que, precisamente, leva o nome de Gonzalo Torrente Ballester, a quen Reigosa lle fixera en 1983 un importante libro de conversas. Os nosos maiores parabéns para o noso amigo Carlos.
Aconsellamos escoitar a entrevista que hoxe lle fixeron no «Diario Cultural» da Radio Galega.
Sergi Pamies no «Diario Cultural» da Radio Galega
Novembro 11, 2008O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou hoxe a Sergi Pamies con motivo da edición da tradución para o galego de Se comes un limón sen facer xestos, realizada por Antón Dobao. A entrevista pódese escoitar aquí.