Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio.
Venres, 1 de maio
13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure.
19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008)Sábado, 2 de maio
18.30 A escritora Mar Guerra asinará exemplares do seu libro Xenaro e o misterio da mochila verde, gañador do Premio Merlín 2008.Domingo, 3 de maio
18.00 Contacontos arredor do libro O arco da vella, da escritora Charo Pita, publicado na colección Merliño.
19.00 O escritor Daniel Ameixeiro presenta: Ramón Piñeiro. Os días ocultos. Participan Manuel Bragado e o autor. Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares do seu libro.Luns, 4 de maio
19.00 O escritor e xornalista Manuel Rivas ofrecerá un recital poético. Ao remate asinará exemplares de O sombreiro Chichiriteiro, A corpo aberto e do resto da súa obra.Martes, 5 de maio
18.00 A escritora Iolanda Eiras presenta o seu libro Baldras o xigante, publicado na colección Merliño. No acto, actuará o coro A Ferradura, do CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e unha sección da Banda Artística de Merza. Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares do seu libro.
19.00 A escritora Teresa Moure asinará exemplares do seu libro O natural é político.Mércores, 6 de maio
20.00 O escritor Xabier P. DoCampo (gañador do Premio Irmandade do Libro 2008 da Federación de Libreiros de Galicia) e o ilustrador Xosé Cobas asinarán exemplares do Libro das viaxes imaxinarias.
Etiquetas: a_corpo_aberto, baldras_o_xigante, charo_pita, daniel_ameixeiro, Feiras_do_libro, iolanda_eiras, jaureguizar, manuel_rivas, mar_guerra, o_arco_da_vella, o_globo_de_shakespeare, o_natural_é_político, o_sombreiro_chichiriteiro, ramón_piñeiro_os_días_ocultos, teresa_moure, xenaro_e_o_misterio_da_mochila_verde
Abril 30, 2009 ás 10:43 am |
[…] By xerais Mañá ás 13:00 na Alameda, Teresa Moure lerá o pregón que dá inicio á Feira do Libro de Santiago de Compostela. Teres asinará exemplares do seu ensaio máis recente, O natural é político, o martes 5 de maio, […]
Abril 30, 2009 ás 10:52 am |
[…] By xerais Jaureguizar asinará exemplares d’ O Globo de Shakespeare, na Feira do Libro de Santiago, o venres, primeiro de maio, a partir das 19:00 […]
Maio 1, 2009 ás 9:47 pm |
[…] By xerais Mar Guerra asinará exemplares de Xenaro ou o misterio da mochila verde na Feira do Libro de Santiago o sábado, 2 de maio, ás 18:30 […]