Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño vai á feira chegou a Gondomar xestionado por Espazo Lectura. Este espectáculo, baseado no libro homónimo de Xoán Cuba, ilustrado por Óscar Villán, interpretado polos actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico, da compañía Casahamlet, chegou así as trinta representacións realizadas por todo o país. Os membros de Espazo Lectura gravaron estes magníficos vídeos.
Archive for the ‘Voces á orella’ Category
«Remoldiño vai á feira» en Espazo Lectura de Gondomar
Novembro 29, 2008Últimos actos da campaña «Voces á orella»
Novembro 21, 2008Nesta semana rematan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
Calendario de representacións na semana do 24 ao 5 de decembro:
- 24 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Biblioteca Casa da Cultua de Boiro“Remoldiño vai á feira”
- 25 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Edificio A Senra en Bergondo “Remoldiño vai á feira”
- 26 de novembro, ás 12,00 h. e 17,00 h. Espazo Lectura en Gondomar “Remoldiño vai á feira”
- 27 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Auditorio Quintela de Moaña “Remoldiño vai á feira”
- 27 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Pastor Díaz de Viveiro “O club da calceta”
- 27 de novembro, ás 10,30h. e 12,30 h. Auditorio Municipal de Cangas “Os soños na gaiola”
- 28 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Pastor Díaz de Viveiro “O club da calceta”
- 5 de decembro, ás 10,30 e 11,30 h. Auditorio centro de maiores de Castro Rivera de Lea “Remoldiño vai á feira”
Máis de 1.000 escolares participarán esta semana na campaña «Voces á orella»
Novembro 14, 2008
Seguen as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
Calendario de representacións na semana do 17 ao 21 de novembro:
- 17 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Biblioteca de A Laracha “Remoldiño vai á feira”
- 18 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Casa da Cultura de A Pastoriza “Remoldiño vai á feira”
- 19 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Auditorio de Ribeira “Remoldiño vai á feira”
- 19 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Municipal Louro Olmo de O Barco “O club da calceta”
- 20 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Municipal Louro Olmo de O Barco “O club da calceta”
- 20 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Colexio Daniel Castelao de Rianxo “Remoldiño vai á feira”
- 20 de novembro, ás 10,30 h. Pazo da Cultura de Carballo “Os soños na gaiola”
Continúa a exitosa campaña «Voces á orella»
Novembro 7, 2008O vindeiro luns, 10 de novembro, continúan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego.
Espectáculo da compañía Casa Hamlet de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.
OS SOÑOS NA GAIOLA
Espectáculo da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
Peza teatral de unha hora de duración, representada por Teatro do Morcego, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
Calendario de representacións na semana do 10 ao 14 de novembro:
- 10 de novembro, ás 10,00 h. e 12,00 h. Biblioteca de Pontecesures “Remoldiño vai á feira”
- 11 de novembro, ás 10,30 h. e 12,30 h. Auditorio Carmen Estévez de Vilalba “Os soños na gaiola”
- 11 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Casa da Cultura de Noia “Remoldiño vai á feira”
- 12 de novembro, ás 10,30 h. e 12,30 h. Cine Alovi de As Pontes “Os soños na gaiola”
- 12 de novembro, ás 10,30 h. e 12,00 h. Capela do Torrente Ballester de Ferrol “Remoldiño vai á feira”
- 12 de novembro, ás 11,30 h. Casa da Cultura de Burela “O club da calceta”
- 13 de novembro, ás 11,30 h. Casa da Cultura de Burela “O club da calceta”
- 13 de novembro, ás 10,30 h. e 12,00 h. Centro Cult. A Fábrica de Oleiros “Remoldiño vai á feira”
«Os soños na gaiola» en Tui
Novembro 1, 2008O xoves, 6 de novembro, no Teatro Área Panorámica de Tui, ás 10:30 horas e 12:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke. Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
«Remoldiño vai á feira» en Valga
Novembro 1, 2008O mércores, 5 de novembro, no Auditorio Municipal Cordeiro de Valga, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet. Este espectáculo de animación, de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
«Os soños na gaiola» en Cedeira
Outubro 30, 2008O mércores, 5 de novembro, no Auditorio de Cedeira, ás 10:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá unha representación do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke. Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
«O club da calceta» en Monforte
Outubro 30, 2008O martes, 4 de novembro, e o mércores, 5 de novembro, ás 11:30 horas, no Edificio Multiusos de Monforte, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «O Club da calcetaa» da compañía Teatro do Morcego. Esta peza teatral de unha hora de duración, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
«Remoldiño vai á feira» en Cangas
Outubro 30, 2008O luns, 3 de novembro, na Biblioteca Municipal de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet. Este espectáculo de animación, de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
«Voces á orella», campaña de animación lingüística
Outubro 30, 2008O vindeiro luns, 3 de novembro, comezan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego.
Espectáculo da compañía Casa Hamlet de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.
Espectáculo da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
Peza teatral de unha hora de duración, representada por Teatro do Morcego, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
«O club da calceta», funcións na campaña «Voces á orella»
Setembro 24, 2008Xa está ultimado o calendario das oito representacións d’ O club da calceta, a adaptación da novela homónima de María Reimóndez preparada por Teatro do Morcego, dentro da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.
- Monforte, 3 e 4 de novembro, 11:30 horas, Edificio Multiusos.
- Burela, 12 e 13 de novembro, 11:30 horas, Casa da Cultura.
- O Barco, 19 e 20 de novembro, 11:30 horas, Teatro Municipal Lauro Olmo.
- Viveiro, 27 e 28 de novembro, 11:30 horas, Teatro Pastor Díaz.
En cada unha destas representacións de Teatro do Morcego, especialmente dirixidas ao alumnado de Bacharelato, será entregado aos asistentes un exemplar da novela de María Reimóndez.
O CLUB DA CALCETA
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
O club da calceta, Teatro do Morcego, ficha artística
Davinia: Estíbaliz Espinosa
Matilde: Susana Dans
Anxos: Laura Ponte
Rebeca: Maxo Barjas
Elvira: Elina Luaces
Nanda: Luisa Merelas
Luz: Inma AntónioEscenografía: Pastor
Vestiario: La Canalla
Iluminación: Octavio Mas
Música: Anxo Graña
Coreografía: Olga CameselleDirección: Celso Parada
Axudante dirección: Mabel Rivera