O vindeiro xoves, 1 de outubro, ás 20:00 horas presentarase na Coruña Pirata, a novela máis recente de María Reimóndez. No acto, que terá lugar na Sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae, acompañaran á autora a escritora Yolanda Castaño, o músico Xabier Díaz e o editor Manuel Bragado.
Posts Tagged ‘novela’
«Pirata», presentación na Coruña
Setembro 28, 2009«Mercurio», presentación en Vigo
Setembro 25, 2009Hoxe, venres 25 de setembro de 2009, ás 20:00 presentarase na Casa do Libro de Vigo Mercurio, a novela de Emilio Alonso gañadora do Premio La Voz de Galicia 2008. O editor Manuel Bragado acompañrá ao autor.
«Monte Louro»: obsesións e fuxidas
Setembro 24, 2009Laura Caveiro publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Monte Louro, a novela de Luís Rey Núñez gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2009. Baixo o título de «Obsesións e fuxidas» e o subtítulo «Do paraíso perdido», Caveiro comeza sinalando que «dende a primeira frase da novela, sabemos que o protagonista de Monte Louro tivo varias identidades na súa vida: deste xeito, a través das súas páxinas viaxamos ao carón de Delio Landeira, dende Muros, cara a distintos destinos, e tamén cara ao interior das súas obsesións máis íntimas, como é a de prosperar. Imos coñecendo, aos poucos, a quen despois será chamado Artemio Losada, en Barcelona, e, finalmente, Iago Formoso, en Bos Aires». Contínúa Caveiro salientando o a «feitura de novela río» da obra, «con suave ritmo acompasado ao xurdir e desaparecer dos personaxes diante dos nosos ollos», ademais da «feitura de novela ponte entre Galicia e Arxentina». Conclúe o texto Caveiro insistindo na mestría do autor para amosar límpida «unha visión amada, a de Monte Louro. O paraíso perdido».
O texto completo da crítica pode consultarse en pdf no suplemento «Faro da Cultura» do Faro de Vigo de 24 de stembro de 2009.
«Pirata»: intimismo e aventura
Setembro 24, 2009Dolores Martínez Torres publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Baixo o título de «Intimismo e aventura», Martínez Torres salienta que en Pirata se reinterpretan, cun discurso parello ao feminismo lésbico, as biografías de Anne Bonny e Mary Read, compoñentes da tripulación de Calico Jack, un dos piratas do século XVIII. A critica sinala, ademais, que a autora «resume na difícil viaxe de Mary e de todas as súas compañeiras, á procura dunha identidade propia, o conflito universal e atemporal que tortura a quen non responda ao papel que o grupo lle demanda en cuestión de sexo, xénero e orientación sexual». Concluíndo o seu texto lembrando que «nunca son imparciais as voces narradoras; moito menos nesta obra, onde o intimismo e a aventura actúan como vehículos para a ideoloxía, e que responde á intención manifesta de facer visibles outras realidades».
O texto completo pode consultarse en pdf no suplemento «Faro da Cultura» do Faro de Vigo de 24 de setembro de 2009.
«Lúa do Senegal», crítica en «lg3»
Setembro 23, 2009Isabel Soto publica en «lg3» a súa crítica de Lúa do Senegal, a máis recente novela de Agustín Fernández Paz, ilustrada por Marina Seoane. A autora salienta que neste novela protagonizada por unha rapaza de dez anos que ten a lúa como confidente Fernández Paz «plasma unha vez máis a súa visión do mundo e faino creando unha voz narrativa intensa, madura e reflexiva». Pagaa pena recoller un dos parágrafos dun texto que convida a unha lectura en profundidade da novela:
En Lúa do Senegal atoparemos moitas das claves recorrentes do autor, coma tal, unha voz feminina, a utilización da primeira persoa narrativa, un personaxe con devoción polos libros e a lectura, intratextualidades ou, sobre todo e unha vez máis, unha historia «de fronteira» que abre as fiestras cara ao mundo, ás películas, aos poetas doutras latitudes. O libro aborda un problema actual, a inmigración, e faino elixindo como eixe central a carga emotiva que a rodea, a expresión íntima das dificultades, do desarraigo, da tristura, do rexeitamento, mais tamén integrando o optimismo, o respecto, a convivencia de linguas e culturas. Fernández Paz plasma unha vez máis a súa visión do mundo e faino creando unha voz narrativa intensa, madura e reflexiva: a de Khoedi, unha nena de once anos –que axiña nos trae á cabeza o mundo senegalés de Binta, do conmovedor filme de Javier Fesser, un dos referentes do autor no seu proceso de documentación– que atopa na Lúa a súa confidente, o único elemento común entre o mundo que coñece e o estraño que a rodea agora, dúas realidades tan distintas que a fan sentirse cos pés no aire, coma se non pertencese a ningures.
Chegan ás librarías as novelas premiadas de Rosa Aneiros
Setembro 17, 2009Nestes días comezan a chegar ás librarías as dúas novelas premiadas de Rosa Aneiros: Sol de Inverno, Premio Xerais de novela 2009 e Ás de bolboreta, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.
Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Para o xurado do Premio Xerais 2009 «Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.»
Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…
O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que “Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela”; salientando, ademais, que “mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela”. Para concluír que “Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.”
«Escapado», primeira crítica
Setembro 9, 2009Rafael Lema acaba de publicar n’ A Nosa Galicia a primeira crítica sobre Escapado, a novela de Luís Lamela. O crítico salienta que nesta ocasión o autor de Corcubión ofrece «una obra esta vez novelística que mezcla realidad y ficción, dotada de trama argumental, para darle vitalidad y enganchar desde las paginas al lector.»
Presentación de «Escapado» en Fisterra
Agosto 27, 2009O día 4 de setembro, venres, ás 20 horas, no Salón de Plenos do concello de Fisterra será presentada Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela. O autor estará acompañado no acto polo escritor e poeta Modesto Fraga.
A noticia da presentación na edición de Carballo de La Voz de Galicia.
«Escapado» noticia en «La Voz de Galicia»
Agosto 5, 2009Xosé Ameixeiras publica en La Voz de Galicia unha ampla noticia sobre Escapado, a primeira novela de Luis Lamela. A obra será presentada o vindeiro día 7, venres, ás 21 horas, no salón de actos do colexio do Pindo-Carnota, dentro das actividades culturais das festas de San Clemente 2009 organizadas pola Asociación Cultural PEDRAMAR do Pindo. Escapado será presentado o día 13 na Feira do Libro de Cee.
Luis Rei Núñez na Feira do Libro da Coruña
Agosto 4, 2009Mañá mércores, ás 20:00 horas, Luis Rei Núñez presentará na Feira do Libro da Coruña Monte Louro, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor, o escritor Xavier Seoane e o editor Manuel Bragado.
Enrique Vázquez Pita presentou «Sanson Troleyro»
Agosto 2, 2009La Voz de Galicia fíxose eco do acto de presentación na Feira do Libro de Vigo de Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, a primeira novela de Enrique Vázquez Pita no catálogo da editorial, coa que tamén inicia unha triloxía para a colección Fóra de Xogo. Na foto de Óscar Vázquez o novelista coruñés acompañado do director da editorial.
Carlos Reigosa na Feira do Libro da Coruña
Agosto 2, 2009Tras a presentación en Compostela da novela A vida do outro, gañadora do Premio Torrente Ballester 2008, Carlos Reigosa estará na Feira do Libro da Coruña o vindeiro xoves, 6 de agosto, ás 19:00 asinando exemplares desta novela e do resto da súa obra.
«Mercurio» de Emilio Alonso
Xullo 29, 2009Chega ás librarías Mercurio, a novela de Emilio Alonso gañadora do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas 2008.
Mercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión. Por esta novela de Emilio Alonso, desfilan tamén un morto, policías, forenses, historias de amor e, sobre todo, moitas anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración. O Lugo onde que a historia se desenvolve é unha cidade actual, con importantes referentes do pasado, pero no que pervive un miserable ambiente moral, social e cultural, o que se respiraba na cidade na década dos sesenta e primeiros setenta, prevalecendo vellos hábitos e rutinas que converten a Mercurio nunha hábil mestura entre novela policíaca e costumista. O humor e a retranca do protagonista, posuidor dunha dobre moral, e a homenaxe sentimental que o autor fai á súa cidade, converten esta novela, pola que pasean todo tipo de personaxes, nunha lectura agradable, amena e divertida.
Mercurio será presentada en Lugo, cidade onde se desenvolve este thriller, no mes de outubro.
«Escapado» de Luís Lamela
Xullo 28, 2009Esta semana chega ás librarías Escapado. Do Monte do Pindo ao exilio, pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luís Lamela, un dos investigadores máis importantes sobre a memoria republicana de Galicia.
Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón de Luís Lamela García quere lanzar a mensaxe de que é moito máis importante recordar que comprender, por que a memoria sempre pode ser verdadeira, aínda que ás veces sexa falsa. Unha novela que quere ser unha crónica na que se mestura a vida e a morte, o pasado e o presente, a realidade e a ficción. Unha obra de lectura engaiolante que enlaza a historia e a memoria, e nas que as relacións temporais están, tamén, unidas por espazos reais: o monte do Pindo, Fisterra e a ría de Corcubión, a illa de San Simón, as frontes da guerra civil española, o exilio francés e americano, o desexado retorno ás raíces do Pindo… Un percorrido pola esperanza perdida e a traxedia dos vencidos dunha guerra civil, a de 1936, que cambiou drasticamente a vida de toda unha xeración ilusionada e apaixonada. Unha traxedia que, polo que a Teófilo Caamaño se refire, o protagonista principal da narración, aínda non terminou.
Escapado será presentado por vez primeira na Feira do Libro de Cee (que se celebrará a mediados do mes de agosto), e xa co comezo da nova tempada literaria, na cidade da Coruña.
Xerais na Feira do Libro da Coruña
Xullo 24, 2009Na Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos xardíns de Méndez Núñez, do 1 ao 10 de agosto, Xerais ten programadas as seguintes actividades:
Día 1. Sábado
18.30 O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro e de toda a súa obra.
Día 3. Luns
20.00 Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
Día 4. Martes
19.30 Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
21.00 O escritor Xosé Neira Vilas, presenta o seu libro Lóstregos. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
Día 5. Mércores
18.00 A feira dos nenos. Acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás. Participarán os autores do libro.
20.00 O escritor e xornalista Luis Rei Núñez presenta o seu libro Monte Louro, (Premio Blanco Amor de novela 2009). Xunto co autor, participarán no acto o escritor Xavier Seoane e Manuel Bragado.
Día 6. Xoves
19.00 O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa asinará exemplares do seu libro (Premio Torrente Ballester de novela 2008) A vida do outro.
Día 7. Venres
20.00 Xabier P. Docampo (autor) e Xosé Cobas (ilustrador), asinarán exemplares d‘ O Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia).
Luís Rei Núñez, hoxe na Feira do Libro de Vigo
Xullo 13, 2009Luís Rei Núñez, a partir das 20:30 horas, asinará na Feira doLibro de Vigo exemplares de Monte Louro, a súa máis recente novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Coincidindo con esta asinatura, Galicia hoxe publica unha longa entrevista co novelista realizada por Manuel Vidal Villaverde. Recollemos un dos parágrafos da conversa referidos a Monte Louro:
Iniciei a súa escrita co propósito de sempre: indagar na existencia. Nese sentido, en Monte Louro volven aparecer asuntos como a loita pola vida, o amor nas súas diferentes cristalizacións, o desexo de vinganza, a auto-inmolación solidaria, o sentimento de culpa… Todo iso sen deixar de contar o caso dunha infancia real, no Muros dos anos da República e da guerra, e de paso a experiencia da emigración a América, creo que pouco tratada na narrativa galega. Esta historia reclamaba un número xeneroso de páxinas co que, entre outras cousas, quería emendar a plana ós libros anoréxicos desta época de daltonismo moral. En fin, que tras coroar Monte Louro (un Himalaia de andar pola casa), o resultado é unha novela á que eu quero xa tanto coma Expediente Artieda ou O señor Lugrís e a negra sombra, pero que por moitas razóns se vai facer se cadra máis inocultable. E iso acrecenta o orgullo do autor.
María Reimóndez, entrevista en “El País”
Xullo 13, 2009María Reimóndez é entrevistada hoxe en El País a raíz da aparición de Pirata, a súa máis recente novela. Reproducimos varios parágrafos dun texto moi interesante:
Ambientada en el siglo XVIII, su protagonista es una de las mujeres piratas más importantes de la época, Mary Read. Vestida de hombre y tras el nombre de Mark, Mary consigue encontrar su identidad como bucanero. Una búsqueda que, pese a todo, no llega a ser completa. En su historia todavía falta lo que dos de los otros personajes, Anne Bonney y Madame Ébano, le llegarán a aportar. Así, Reimóndez define su obra como “un viaje interior por la identidad”. Recuperando una idea de la ensayista norteamericana Judith Butler, Reimóndez explica que esta historia manifiesta como el género es algo que se construye por la percepción de los demás derivando, en algunos casos, “en una confusión de tu propia identidad”.
Al igual que Mark, Anne también es rescatada de la historia por María Reimóndez. Y lo hace de forma fiel, algo que la diferencia de otras obras ya publicadas en otros ámbitos literarios como el español. Para esto, reproduce fragmentos de lo que se habló en el juicio de Mark Read, presenta la trayectoria de los barcos que atacaron, muestra todo su recorrido vital conservado en los documentos históricos… Y es que a Reimóndez lo que más le gusta del proceso de escribir un libro es la creación de los personajes, porque “eso es lo que marca después el resto”.
Además, advierte que siempre necesita que exista algún desafío, algo que le haga el trabajo interesante. “No puedo escribir cosas que me son muy conocidas, por las que no me tengo que esforzar en crear, ni en recrear, ni en inventar”. Y muchas veces, para conseguir que todo esto funcione, es muy importante la fase de documentación. La autora de Pirata reconoce que invirtió mucho tiempo ojeando documentos históricos con el fin de conocer, por ejemplo, cómo se vivía en los barcos pirata o la relación que los tripulantes tenían entre ellos. “Para la creación de Madame Ébano, me dejé influenciar por textos del 1700 escritos por mujeres negras que hablaban sobre la esclavitud”.
Tal y como ocurre en la novela, Reimóndez considera que el sexismo presente en la literatura envía a las escritoras a los márgenes. “Una manera es diciendo que escribimos ‘literatura de mujeres’ consiguiendo, así, darle menos valor a lo que una escribe. Otra forma es a través de la crítica de nuestros libros, desde los insultos personales, hasta comentarios sobre tu aspecto físico, pasando por poner que es un libro que manifiesta el universo femenino”. Con sus libros como herramienta, la escritora lucense mantiene vivas las esperanzas. “Las escritoras no somos pasivas ante esta serie de cosas. Además, el hecho de hablar de los temas es ya una forma de luchar contra ellos”.
Confiada en que la presentación de su última obra puede ganar mucho en un lugar que tenga que ver con el tema más superficial de su libro, la editorial Xerais está gestionando la posibilidad de que Pirata desembarque en el Aquarium Finisterrae de A Coruña en octubre.
Marcos Calveiro, entrevista en “Xornal de Galicia”
Xullo 8, 2009Tras a moi exitosa actividade da pasada semana en Santiago arredor da novela Festina lente, Marcos Calveiro é entrevistado en Xornal de Galicia.
Entrevista a Gonzalo Moure
Xullo 6, 2009César Lorenzo Gil entrevista n’ A Nosa Terra ao escritor Gonzalo Moure a raíz da publicación d’ A porta de Mayo. Reproducimos algúns fragmentos dunha conversa moi interesante, onde Moure anuncia que acaba de rematar a súa primeira obra en galego:
Como foi que A porta de Mayo estea en galego –en tradución de Santiago Jaureguizar– e non na lingua orixinal, o castelán?Este libro ten unha historia singular. Hai 16 anos Tina Blanco, Jaureguizar e máis eu iniciamos un xogo literario que consistía en escribir tres versións sobre o enigma de quén estaba soterrado nunha misteriosa campa na casa da miña familia. Pouco despois Jaureguizar empezou a traballar en El Progreso e distanciámonos os tres. A historia quedou aí e foi tomando outra cor. Converteuse nunha reflexión sobre a miña familia, en cuxa historia está lonxanamente baseada, e cando estivo acabada tanto Tina coma min sabiamos que era un libro distinto. Jaureguizar, para “sentirse” dentro do proxecto, ofreceuse para traducila ao galego e buscarlle editor. Pareceunos fantástico porque é unha novela moi galega e de momento non temos présa por editala en castelán. É un libro que precisa tempo, de ciclo lento, complexo, implacábel e esixente co lector.É unha historia real metabolizada. Hai certos aspectos da miña familia que literariamente son máis potentes que na novela pero non me considerei con dereito a publicalos. Noutros casos hai só imaxinación. Por exemplo, na novela fálase de que a orixe da familia é un cabaleiro irlandés que chega a Galiza por erro no século XII. Na realidade, o “náufrago” era un baixo nobre asturiano do século XV. Pero na altura de empezar a novela, viaxaramos a Eire para buscar as orixes do meu apelido materno, Trenor, que si é irlandés e pensamos que xunguir Irlanda con Galiza daríalle máis potencia ao relato.
Luís Rei Núñez, entrevista en “Xornal de Galicia”
Xuño 29, 2009Víctor Paz Morandeira publica hoxe en Xornal de Galicia unha entrevista con Luís Rei Núñez, a raíz da publicación de Monte Louro, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009.
Dez razóns para ler “Monte Louro”
Xuño 29, 2009Recollemos un fragmento da intervención que sobre a novelagañadora do Blanco Amor 2009 Monte Louro de Luís Rei Núñez leu o crítico e profesor Armando Requeixo durante o acto de presentación en Burela, o pasado 30 de maio.
…. Cando teñan ocasión de se achegar ás páxinas de Monte Louro descubrirán unha historia fascinante protagonizada por un neno muradán, que logo se fará mozo barcelonés e que acabará por vivir o seu tempo de adulto no Bos Aires dos anos setenta e oitenta do pasado século. As case setecentas páxinas nas que se relata esta intensa peripecia vital agochan en cada recanto moitas e moi fundadas razóns para convencer da necesidade da súa demorada lectura, pero, coa intención de que se deixen atrapar polo engado desta narración, voume permitir agora enunciarlles dez motivos polos cales coidou o xurado que Monte Louro tiña por forza que ser este ano a novela gañadora do certame:
1. En contadas ocasións se ten dado na historia da literatura galega recente a escrita dunha historia onde os personaxes que a poboan fosen caracterizados cunha profundidade psicolóxica tan reveladora, tan certeira, de tanta fondura.
2. Moi poucos escritores de noso poden presumir dun dominio e dunha plasticidade tan abraiante nas descricións e no profundar nas psiques de personaxes de ambos xéneros, facendo cribles por igual as máis diversas vivencias de mulleres e homes de distinta condición, idade e circunstancia.
3. Admira o realismo e a verosimilitude coa que se recrean escenarios, tempos e espazos, demostrando un sorprendente traballo de documentación que tivo que ter presente un lapso de tempo moi dilatado e localizacións moi diferentes.
4. Salienta a habelencia do autor á hora de lograr unha perfecta integración dun abano de personaxes variado e numeroso en moitos feitos paralelos ou sucesivos que se orquestran nunha estrutura superior sólida e coidada.
5. A novela ten a virtude de relatarnos a trama facendo progresar a acción dosificadamente, conseguindo así manter sempre a atención e a tensión narrativas, evitando caer en devalos, reiteracións ou excursos innecesarios.
6. O estilo da prosa é moi elaborado, cun galego vizoso e unha adxectivación e uso de modismos ben acaídos que fan de moitos parágrafos da obra pezas maxistrais polo seu resaibo poético.
7. Os diálogos da novela están instalados nun verismo convincente e en todo momento se fan cribles e recoñecibles.
8. A narración incorpora no seu seo citas e referencias máis ou menos explícitas a moitos e moi variados autores da literatura universal; ora ben, faino dun xeito tal que, lonxe de pedanterías metaliterarias ao uso, acaba por fundir esa tradición en homenaxes ben traídas que serven para tecer unha inconfundible voz de seu.
9. A acuidade e delicadeza coa que se formulan e resolven as grandes cuestións do ser humano nesta obra sorprende dende a primeira ata a última páxina. O amor, a morte, a amizade, a loucura, a incomprensión, o medo, a ira, a tristura viven nos personaxes da novela, facéndoos tan humanos e próximos a nós que é inevitable sentirnos retratados neles en maior ou menor medida e recoñecer nas súas vivencias as nosas propias paixóns e debilidades.
E 10. A ambición e o alento que anima unha novela de máis de medio milleiro de planas esixe unha orquestración estrutural e un labor de esmerilado de todas e cada unhas das múltiples láminas que a van engrosando tan grande que só un escritor extraordinariamente dotado é quen de afrontar o reto con posibilidades de éxito. Armando Requeixo
Canteiro en Compostela con “Festina lente”
Xuño 23, 2009O club de lectura Gálix Tendendo Redes remata a súa primeira andaina de actividades cun programa arredor da novela Festina lente de Marcos Calveiro, organizado en colaboración coa asociación Amigos del Románico.
As actividades inícianse o día 2 de xullo no Consello da Cultura Galega, cunha lectura colectiva da novela a partir das 17:00 horas e cunha conferencia, a partir das 19:00 horas, de Carlos Sastre, experto en iconografías medievais, renacentistas, modernas e contemporáneas establecerá as claves entre arte e literatura ao longo da Historia.
O día 4 de xullo, sábado, desenvolvarase unha xornada artístico-literaria polos escenarios de Festina lente en Santiago de Compostela, así como cunha actividade de Bookcrossing, patrocinada por Edicións Xerais de Galicia, na que se deixarán en variados escenarios da zona vella de Santiago de Compostela exemplares da novela de Calveiro e doutras tanto dos autores escollidos este ano no club de lectura como doutros pertencentes á literatura xuvenil galega. Rematará a xornada cun recital poético que leva como lema “Canteiro en Compostela”, no cal moitas das nosas poetas e moitos dos nosos poetas labrarán con palabras a beleza da cidade pedra.
Para participar nas actividades do día 4 de xullo cómpre inscribirse enviando un correo a galix@galix.org, anxelagracian@hotmail.com, tuiverde@gmail.com ou tendendorredes@gmail.com
Aconsellamos baixar o programa en pdf dende aquí.
“A vida do outro”, presentación na Coruña
Xuño 22, 2009O vindeiro mércores, 24 de xuño ás 11,00 horas, na sede da Deputación da Coruña, terá lugar a roda de prensa presentación do libro A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester, 2008 convocado pola Deputación da Coruña. No acto intervirán: Salvador Fernández Moreda (Presidente da Deputación da Coruña), Manuel Bragado (Director de Xerais) e Carlos G. Reigosa.
Xabier Castro Rodríguez gaba “Tempo de centeo”
Xuño 22, 2009Xabier Castro Rodríguez gabou o pasado sábado, 20 de xuño, nas páxinas de Galicia hoxe Tempo de centeo, a máis recente novela de Xosé Fernández Ferreiro.
Tempo de posguerra, centeo e descubertas
Non é esta a primeira vez que a literatura en galego -e non só a do país- realiza interesantes e intelixentes incursións no tema da guerra civil (xa de maneira directa, xa como asunto colateral), nin é esta a primeira vez que Xosé Fernández Ferreiro se achega a este eido da lembranza daquel durísimo episodio histórico (Agosto do 36, publicado no ano 1991 e que foi Premio Xerais de Novela) que aínda máis consecuencias tráxicas traería especialmente nos anos da posguerra inmediata.
É bo recuperar. Cómpre non esquecer. Se aínda se conmemoran aniversarios como os das grandes guerras mundiais, as bombas atómicas, o holocausto, as revolucións? nunca está demais lembrar os sucesos que desencadearon un terrible conflito bélico, a inmensa e inconmensurable traxedia humana, os espazos e as persoas que participaron e viviron no transcorrer daquelas décadas. Todo isto, e moito máis, aparece narrado nesta novela de Fernández Ferreiro –Tempo de centeo, Editorial Xerais- que nos proxecta cara a aquel Ourense de posguerra que ben coñece, describe e cicela o autor. Desde o protagonismo familiar dun fillo e da súa nai (tamén está presente a figura paterna que vén marcada pola violencia, a agresividade e o alcoholismo) vaise esfollando todo un amplísimo mural sobre o que o lector vai deitando a súa expectación, abraio e crueza. Desde a oposición aldea e cidade que tamén se reflicte no conflito lingüístico entre o galego e o castelán (“Naqueles primeiros tempos da súa arribada á gran cidade trataba de falar o castelán para non parecer un pailán de corredoira”) deica a expresa homenaxe á literatura galega (Tovar, Risco, Cuevillas, Ben-Cho-Sey, Lama Carvajal, Campio?) pasando pola dorosa circunstancia do contrabando e o estraperlo, a descuberta do amor e o sexo ou a importancia que na novela ten o cine, os “delirios cinematográficos” do protagonista que mesmo identifica a súa Carmiña con Olivia de Havilland: “O cine abriulle de par en par as portas dun mundo novo: o da evasión mental e o dos soños máis incribles e disparatados”. Unha novela na que o amor e o cine acabaron por cruzarse na vida de Antonio coa mesma paixón. Xabier Castro Rodríguez
“Monte Louro”, crítica de Ramón Nicolás
Xuño 22, 2009Ramón Nicolás publicou o sábado, 20 de xuño, nas páxinas do suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica preciosa de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009.
Espirais de memoria e almas derrotadas
Nabokov afirmou que Tolstói, aludido por certo nesta novela en moi diferentes ocasións, na derradeira etapa da súa vida só se amosaba interesado literariamente por dous únicos temas como eran a vida e a mais a morte. Moito disto, senón esencialmente, encerra este premio Blanco Amor 2009 a través do que se nos posibilita entrar ás veces nos escuros, recónditos e sempre complexos recantos da alma humana.
Monte Louro, así pois, articúlase como unha proposta densa e compacta dividida en catro partes ou compartimentos en absoluto estancos, pois os personaxes saen e entran deles con lixeireza, como así ocorre cos lugares referenciados nela: basicamente Muros, Barcelona e Bos Aires. Cómpre agradecerlle ao autor, así pois, que establecese a ligazón precisa para entrar nese intenso rodopío literario que non é, malia o que poida semellar, un exercicio ficcional de biografismo, nin tampouco, aínda que destaque pola prosa cromática que exhibe, de descritivismo magnetizante tanto nos sentimentos coma nas xeografías (resultan ben documentadas e case transparentes as pasaxes que nos emprazan na Barcelona da posguerra, nun barco que cruza o Atlántico ou no Buenos Aires dos cincuenta e anos posteriores e mesmo non son menos exactas nin orientativas as que nos sitúan nun contexto social ou político concreto), nin sequera por ese cruzamento recorrente de vidas que o sentimento provoca; antes ben, ou complementariamente, é esta unha novela que asenta os alicerces nese proceso polo cal a mente humana é quen, ou non, de volver atrás, conformando unha espiral pola que escoa a memoria; un exercicio que debe ser salvífico e que, por veces, non o é debido ao peso do desarraigo, do desacougo que provoca a separación ou o esgazamento do que se estima porque, non se esqueza, esta é ao tempo unha historia de desamparos, de cicatrices, de almas derrotadas ou doentes e de resistentes robinsonianos.
O libro, así pois, percorre boa parte do século XX desde que un neno se vai criar como un orfo no Muros da posguerra até os anos oitenta no que unha luz, seica, volverá alumear a súa vida. Polo medio vivencias e experiencias construirán o substrato dun ser que xa non é quen, ou non quere, lembrar. Talvez a esa ausencia, suposta, de memoria contribúa unha heteronimia disociativa que tamén é vital, pola cal do orixinario Delio pasará a Artemio, e deste a Iago, e aínda do último a Sombra ou mesmo a Kim…, mais no fondo o pouso da infancia, simbolizado no lugar do Salto, na nai e no pai desparecido, no Muros natal, á sombra do Monte Louro, permanecerá, quéirase ou non, inalterable tras exilios e fuxidas.
Capítulo á parte merece subliñar a plasticidade, transparencia e riqueza lingüística que exhibe este Monte Louro, dotada dun ritmo traballado con intensidade e na que se aprecia un baseamento lírico; alén dun xogo de perspectivas narrativas que, se ben na súa formulación inicial pode chegar a desorientar, suscita moitos interrogantes que logo se entenden como esixencia activa para que o lector vaia cadrando cada peza na súa cuadrícula até chegar a ser parte dun universo de ficción –insisto- sólido e ben erixido. Ramón Nicolás.
“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, blog
Xuño 22, 2009Daniel Ameixeiro acaba de abrir un blog arredor da súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor ten intención de compartir cos lectores no blog non soamente o proceso (como foi nacendo e medrando a historia) senón tamén a documentación que utilizou. Os nosos parabéns a Daniel Ameixeiro pola iniciativa.
Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz
Xuño 20, 2009Mar Mato entrevista a Agustín Fernández Paz para Faro de Vigo e para La Opinión da Coruña. A conversa céntrase arredor da aparición nas librarías de Lúa do Senegal, a nova novela de Agustín que recibirá o martes, 23 de xuño, en Teruel o Premio Nacional de Literatura Infantil 2009. Recollemos unha parte da conversa:
Tralo éxito de O único que queda é o amor, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008, Agustín Fernández Paz retornou á súa liturxia de papeis amarelos para escribir. Desta vez, unha nena de dez anos vida de Senegal a Vigo e de nome Khoedi plantexa a dor do desarraigo dos inmigrantes en Galicia, o espazo que ela e outros personaxes califican como “o país das ausencias”. A escasas horas de ser homenaxeado como “O escritor na súa terra” pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, Fernández Paz profundiza sobre a súa última obra, Lúa de Senegal (editado por Xerais e que conta con belísimas ilustracións de Marina Seoane).
–Lúa do Senegal, un título ao que se fai referencia case en cada páxina do libro e mesmo no ritmo de narración.
–É un título que me veu pronto á cabeza cando me metín na historia. Á protagonista, cando chega a Vigo, todo lle parece dististo. O único que recoñece como igual é a lúa que brilla pola noite; ese é o leitmotif que marca paso de tempo. A lúa serve de conexión coa realidade que deixou e a que se atopou. Ademais, a lúa marca tamén o ritmo da narración ao seguir as súas fases tomandas de tres meses do ano pasado.
–Onde comezou a tirar do fío para esta obra?
– Os libros case nunca xorden dun único fío. Recordo do meu caderno de notas a primeira imaxe que anotei sobre un emigrante, non sei de que nacionalidade, de pel negra, traballando no andamio dunha obra. Chamoume a atención. Había tempo que quería abordar o tema da inmigración e apetecíame contalo en forma de historia. Todo acabou plasmándose neste libro.
–Á parte dese obreiro, houbo outros africanos que lle serviron de luz para a narración?
– Non cheguei a coñecer a ningún porque, en realidade, a documentación que conseguín foi amplísima a partir de libros e recortes de prensa que me foron suficientes. Eu o que quería contar realmente era o tema da emigración e escollín Senegal porque parecía atractivo. Tamén falei cunha profesora que estivo cunha ONG na zona e que me deixoume ver centos de fotos.
“Sol de Inverno”, Premio Xerais de novela 2009, avance dun capítulo
Xuño 19, 2009Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Boa lectura!
Luís Rei Núñez, entrevista en “Diario de Pontevedra”
Xuño 18, 2009Manuel Jabois publica hoxe en Diario de Pontevedra unha entrevista con Luís Rei Núñez coincidindo coa presentación en Pontevedra de Monte Louro, a novela gañadora do premio Blanco Amor 2009. Recollemos algúns dos parágrafos dun texto moi interesante:
Eu quería satisfacerme a min mesmo. En parte, tamén, aínda que iso influíu menos, tiña como ambición encher un oco que ao meu ver existía na literatura galega. Cando empecei coa idea deste libro non saíran os de Caneiro e Rivas. A narrativa galega é de libros curtos, de relatos, onde hai grandes mestres. E de novelas non moi longas. A mellor novela da literatura galega, con todas as reservas, é A esmorga, de Blanco Amor. Eu cando tiven unha historia que me pedía unhas dimensións determinadas, dixen: ‘Vou tentar facelo’.
A prosa medida e honrada é a cortesía mínima dun autor cos seus lectores. Ti podes presentarte de calquera maneira, case salvaxemente, diante dos demáis, ou podes presentarte ordenando todo e ofrecéndoo da maneira más limpa posible. E esa limpeza persoal e mesmo moral é a que da o coidado co que un traballa as páxinas.
“Monte Louro”, presentación en Pontevedra
Xuño 17, 2009Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, será presentada o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a editorial, participarán Armando Requeixo, Manuel Bragado e o autor.
Ana Bande recomenda “A lúa dos Everglades”
Xuño 17, 2009Ana Bande recomenda no seu blog A lúa dos Everglades, a novela de Xesús Manuel Marcos gañadora do Premio de narrativa Terra de Melide 2008. Recollemos o seu texto:
Belgrano (Bos Aires), Miami, Madrid, Os irmáns Quintelos, Aurora, Manuel Eiras e Andrés Leiro, tres relatos de emigración que tecen un pano triste, escuro e esgazado polos furados da violencia, a dor e a miseria que é a marca da casa da nosa emigración. Custa ter que recoñecérmonos neses traballadores avarentos, aforradores, Luís, Dosinda e Antón, os gallegos, os irmáns Quintelo, xente con cartos, pero que aproveitaba a roupa ata o miolo, sempre coa leira ás costas, eles mesmos cultivaban nun terreo que tiñan nunha quinta o barrio de Alte Brown, xentes que xamais foran de vacacións a ningures, nin sequera ao veciño Parque Nacional do Tamá. Velaí a miseria. Lembroume moito a desolación que sentín cando visitei o Centro Galego de Newark hai uns dez anos ao comprobar o absoluto illamento destes galegos que malia vivir a media hora de Central Park no puxeran un pe na grande mazá na súa vida. Vivindo en Newark estaban tan lonxe de Nova Iorke como calquera galego de Betanzos ou Entrimo. Galegos que só saían puntualmente da casa de Primeira Xunta…para ir á igrexa, os domingos, escoitar a homilía de Alexandre Gwerder…galegos vellos que tiñan os cartos acochados nos zapatos, botes de cociña, en libros vellos e ata no cortello, galegos sen expedientes médicos, e herba luisa. Andrés Leiro e Manuel Eiras, galegos en Madrid, enfermos de morriña, non o podo evitar, dixo. Cada vez qeu vexo unha matrícula, ou, sentado nun banco do parque, escoito unha conversa, e Aurora, galega en Miami, unfa fuxida inútil dun mundo rural enchoupado nunha violencia cruelmente cotiá contra nenas e mulleres que hoxe chamariamos estructural, escuros tempos de silencio e brutalidade que convidan a alonxarse de tópicos e pantasmas que como moito só servirían para argallar tremendismos literarios insospeitadamente persistentes. Unha boa novela que me deixou con mal corpo, a insoportable levidade do ser galego….xa me entendedes!
Luís Rei Núñez nos Premios Xerais 2009
Xuño 10, 2009Luís Rei Núñez, autor de Monte Louro, obra gañadora do Premio Blanco Amor 2009, fala dos Premios Xerais, da súa última novela e das posibles semellanzas temáticas que esta puidese ter con Sol de Inverno, a obra de Rosa Aneiros gañadora deste Xerais 2009.
«Sol de Inverno» de Rosa Aneiros, premio Xerais 2009
Xuño 8, 2009O xurado da 26ª edición do Premio Xerais de Novela dotado con 25.000 euros e formado Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo Lectura) e Fran Alonso, secretario do xurado en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as corenta e cinco obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os seguintes lemas: «A soidade dos leóns», «Dinara», «Limiar da conciencia» e «O retorno das aves».
Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “O retorno das aves”, presentada baixo o pseudónimo Píllara que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros e corresponde ao título Sol de Inverno.
Na novela gañadora do Premio Xerais 2009, desde a ventada e afastada aldea de Antes, unha voz narrativa en segunda persoa vai reconstruíndo unha vida e a dunha familia cun intenso pouso de lirismo que atravesa todo o relato. O xurado no texto de xustificación da súa decisión sinalou que “esta é unha longa novela que emociona, unha novela comprometida, densa, que se arrisca cun tema xa tratado e que sae indemne para debuxar o periplo vital dunha fascinante personaxe que, desde os trece anos que ten ao comezo, se move baixo o motor da paixón: Inverno. Inverno, que é a protagonista, habita, empuxada polos designios da historia, diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes –nada máis que trinta lumes a comezos de 1936– a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias do exilio en Francia, ao emblemático Ipanema que viaxa con destino a México; ao longo exilio cubano –onde nos atopamos coa emigración e cos descendentes dos cimarróns–; á revolución castrista; e mesmo á viaxe a un París marcado polos estudantes do maio do 68. Sen dúbida, a narración responde ao pulso da historia, pero tamén á rebeldía dos seus personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.”
A novela, de profunda instrospección nos protagonistas e no deseño dos ambientes, constrúe un mundo simbólico, máxico, riquísimo en referentes, a través do que pululan seres entrañables, que nos conmoven, e tamén persoas reais, como Castelao, Carmen Muñoz ou Rafael Dieste. Deste xeito, apaña o fío da tradición literaria galega este longo relato de pulso vagoroso, meditado, que reborda nun río de historias que nunca nos deixan indiferentes. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno ten que lamber unha e outra vez coma un pesadelo, é a que vai erguendo as sólidas paredes desta novela que, de seguro, engaiolará desde a primeira páxina, desde a dedicatoria inicial a Silvia Mistral.
Rosa Aneiros declarou, cando recibiu o premio Xerais, que “nesta novela quería contar a historia dunha nena, Inverno, a que lle roubaron a infancia, ese paraíso de Antes, e como ao longo de toda a súa vida pelexa por retronar e recuperar ese paraíso. Inverno tenta sempre regresar, especialmente cando vive en Cuba en contacto coa comunidade de emigrantes galegos, aí nese treito da narración, quixen recuperar a memoria da miña propia infancia”. Rematou Rosa Aneiros salientando que “Inverno é un personaxe completo que loita polos seus ideais, mais tamén polos ideais de outros, que sinte tan preto como os propios”.
«Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia 2009
Xuño 8, 2009O xurado da 4ª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil dotado con 10.000 euros, formado por: Verónica Rego (en representación da Fundación Caixagalicia), Mónica Góñez (profesora e escritora), Pilar Ponte Patiño (profesora), Alba González Méndez (estudante de 4ª da ESO, IES Os Rosais de Vigo), Amanda Bouzada Novoa (estudante de 4º da ESO do IES Os Rosais de Vigo) e Xosé Manuel Moó Pedrosa, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as dezanove obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: «Ás de bolboreta», «Dragal» e «Quiromántico».
Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Ás de bolboreta” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros Díaz e corresponde ao título Ás de bolboreta. O xurado aconsella á editorial a publicación da novela presentada baixo o lema “Dragal”.
A novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009 desenvólvese no bar de Patricia, situado nunha encrucillada de rúas en Santiago de Compostela, o quilómetro cero onde conflúe cada un dos camiños que transitan os máis de quince personaxes. Nesta novela crúzanse historias humanas diferentes que, no seu conxunto, conforman unha radiografía da sociedade urbana actual: globalizada, interconectada e diversa.
Unha das historias é a de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que apenas pasa tempo co seu pai –un ocupado home de negocios– e que comparte varias horas do día no bar de Patricia co seu avó materno, con quen vai aprender a superar a morte da nai, a comprender a súa infancia e a recuperar o seu pai. Pola súa parte, Lola e Eusebio, un matrimonio de anciáns que viven sos, el enfermo e dependente, teñen que se enfrontar ás grandes decisións que esixen a vellez e a enfermidade: continuar vivindo na casa ou trasladarse á frialdade dunha residencia, ter que recorrer a descoñecidos para que os axuden, saber convivir coa presenza cada vez máis próxima da morte e convencerse de que hai soños que sempre pospuxeron pensando que aínda había tempo por diante para os cumprir.
Tamén está a historia de Iqbal, un mozo londiniense de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro en xullo de 2005 que condicionaron e marcaron a vida dos londinienses pertencentes á comunidade musulmá. E a de Aysel, unha kurda que manifesta de forma brutal a impotencia que sente pola total indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco; e a historia dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días, no bar de Patricia, unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén a historia de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e a da señora Filomena, e a de Ana, e a de Fiño…
O xurado na xustificación da súa decisión sinalou que “Ás de bolboreta de presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela. Tratando temas nada compracentes, como o terrorismo, a intolerancia, a soidade ou a violencia contra as mulleres, a novela flúe e conmove aos seus lectores e lectoras grazas á combinación de diálogos áxiles e frescos con pasaxes fondamente líricas. Mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela. Ás de bolboreta é tamén un conto triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.”
Rosa Aneiros declarou, no momento de recibir o premio Fundación Caixa Galicia, que “esta é unha novela de historias e personaxes que se cruzan, xa que quixen expresar que hoxe todos estamos interconectados e o bater de ás dunha bolboreta pode provocar efectos inagardados noutro lado do mundo”. Continuou Rosa Aneiros dicindo que “procurou para todos os personaxes atopar unha saída para a súa soidade, ao tempo que amosar a presenza dunha violencia moi sutil nas súas vidas”. Rematou a gañadora do premio Fundación Caixa Galicia 2009 recordando que “hai dez anos publiquei a miña primeira obra, a novela xuvenil Eu de maior quero ser, neste tempo aprendín da miña participación en encontros de moitos clubs de lectura e de moitos contactos con lectores novos e novas que teñen unha enorme capacidade para rematar eles as historias; con Ás de bolboreta teño a esperanza que eles rematen estas historias, narradas dende a maior naturalidade, procurando a simpleza e a ausencia de calquera tipo de prexuízos”.
Xerais, novidades do mes de xuño
Xuño 5, 2009Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño.
Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez. Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.
Na colección Xerais Crónica publicarase Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero.
Na Biblioteca Dramática Galega, coeditada con AGADIC, publícase Pingueiras e tarteiras, peza de Teresa Gonzaléz Costa gañadora do IIIº Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, ilustrada por Rodrigo Chao.
Na colección Fóra de Xogo aparecerá a novela Sansón Troleyro de Enrique Vázquez Pita e o poemario Makinaria de Carlos Negro.
Na colección Sopa de Libros Andanzas de Xan Farrapeiro de Ramón Caride, ilustrado por Marisa Irimia, e Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz, ilsutrado por Marina Seoane.
Na colección Xerais Universitaria publicarase O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño de Luciano Rodríguez Gómez, libro que aparecerá coincidindo co cen aniversario do nacemento do poeta de Seivane o 12 de xuño de 1909; e Prostitución. clientes e outros homes. Análise sociolóxica das ideoloxías masculinas en Galicia de Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire.
Por último, publicarase o volume que recolle as obras gañadoras dos Premio 2008 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo e os Cadernos do Profesorado de Primaria e Secundaria para o vindeiro curso 2009/2010.
“Sansón Troleyro” de Enrique Vázquez Pita
Xuño 3, 2009Acaban de entrar no almacén a edición de Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, a novela histórica coa que Enrique Vázquez Pita debuta no catálogo da editorial.
Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súas novas teorías sobre a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polo sospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a que el interésanlle mñías as ciencias e a razón que ilumina Europa. É un inadaptado, un rebelde fóra de tempo e lugar que ve como a vida pasa e se lle escorre entre as lecturas prohibidas polo Santo Oficio. Pero grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que non de doentes.
Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, primeira novela de Enrique Vázquez Pita no catálogo de Xerais, é a primeira entrega dunha serie protagonizada por este inquedo e rebelde bacharel compostelán do século XVII.
«Peaxes» recomendada por Trafegando ronseis
Xuño 2, 2009Trafegando ronseis publica unha anotación recomendando a lectura de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.
Non me disgustou nada este libro de Santiago Lopo, Peaxes, que desenvolve unha idea na que supoño tod@s temos cavilado nalgún momento cando pagamos na autoestrada, aínda que cae nalgúns tópicos (topiquísimos) e se deixa levar polas boas intencións con algúns trazos de denuncia que non chegan a medrar; aínda así, unha novela curta de fácil lectura e trato agradable que sintoniza cun día a día dun traballador da peaxe que prefire non tolear dentro do seu cubículo maxinando a vida daqueles e daquelas que pola súa ventá pasan cada día. Curiosa resulta a maneira de introdución de cada novo capítulo cun anaco tirado de cancións que supostamente as personaxes escoitan nos seus coches e das que se nos dará ao final do libro unha perfecta relación, pero que case podemos escoitar nós tamén -de coñecérmolas- coa lectura; unha música diferente segundo sexa quen conduce o coche: unha información decisiva sobre as súas personalidades. Quizais o peor sexa o final: un final marabilloso case de conto de Disney. Pero unha lectura agradable para unha hora de descanso antes de coller a estrada.
“A expedición do Pacífico” no Club de Lectura de Gálix
Xuño 2, 2009Organizado polo Club de Lectura Tendendo Redes de Gálix, mañá mércores, 3 de xuño, entre as 17:00 e as 19:00 horas, nas instalacións do Consello da Cultura Galega en Santiago terá lugar a primeira sesión de traballo arredor d’ A expedición do Pacífico a novela coa que Marilar Aleixandre obtivera o Premio Merlín en 1994. O día 16 de xuño, Marilar participará nunha sesión cos membros do Club para abordar o proceso de creación da novela e outros detalles.