Carlos Reigosa visita esta noite o programa «Libro aberto» (TVG, 00,30 horas) para falar da súa novela máis recente, A vida do outro, premio Torrente Ballester 2008.
Archive for the ‘Televisión’ Category
Carlos Reigosa esta noite en «Libro aberto»
Setembro 22, 2009«O club da calceta», entre as mellores ficcións televisivas de Europa
Setembro 21, 2009O telefilme O club da calceta, dirixido por Antón Dobao e baseado na novela homónima de María Reimóndez, foi escollida para participar na categoría de Mellor Ficción Europea nos premios Prix Europa. Estes galardóns convócanse anualmente para seleccionar os mellores traballos audiovisuais do continente en televisión, radio e novos medios. Os nosos parabéns para Dobao e Reimóndez.
Agustín Fernández Paz en «Libro aberto»
Setembro 15, 2009Agustin Fernández Paz visita esta noite o programa Libro aberto (TVG, martes 15 de setembro, 0:15 horas) para presentar Lúa do Senegal, a súa novela máis recente.
Os Premios Xerais 2009 poderán ser seguidos por Internet
Xuño 4, 2009A cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2009, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 19:00 horas, na illa de San Simón poderá ser seguida en directo por Internet dende a páxina de Blogaliza tv. Xerais agradece a colaboración de Blogaliza para poñer en marcha por vez primeira nun acto literario galego unha iniciativa semellante.
Para seguir a retransmisión Blogaliza dispuxo dunha páxina de axuda.
A partir do domingo no blog de Xerais e no seu perfil de Facebook publicaranse unha selección das gravacións da cerimonia.