1993, Xº Premio Xerais

Pontevedra, 6 novembro 1993

A editorial introduciu como novidades desta edición, a celebración dunha “Semana de actividades” que como o fallo se celebrou nos magníficos locais do Casino de Pontevedra. Ás xa tradicionais exposicións de Xerais onde se recollían os seus catorce anos de traballo que foron visitadas por máis de 400 escolares pontevedreses, engadiuse a celebración de dúas mesas redondas. Na primeira algúns dos gañadores de edicións precedentes do Merlín debateron sobre “A literatura para os máis mozos. ¿Existen novos lectores?”; na segunda Fernández Naval, Miguel Suárez Abel, Marilar Aleixandre, Manuel Rivas e Xosé Carlos Caneiro debateron sobre “¿Cara onde vai a novela galega?”.

Novidade desta edición foi o pequeno concerto que precedeu ao inicio da cea do fallo, a cargo do “Cuarteto de corda Eber”. Con todo, a maior sorpresa desta edición foi que o xurado declarou, por vez primeira,”deserto” o premio de novela ao que concorreren trece orixinais. Esta decisión que creou grande debate no ámbito literario galego, foi considerada pola crítica como un xeito de revalorizar o premio.

Xurado Xº Premio Xerais de Novela: Dolores Alonso, Uxía Blanco, Felipe Fernández, Xosé Fortes, Alfonso Rivas e X.L. Méndez Ferrín (secretario sen voto)

O xurado do Merlín escolleu por unanimidade, entre 22 orixinais, o presentado baixo o lema “Perrepés contra Papesús”, definitivamente titulado como O gaiteiro e o rato Pérez do que resultou ser autor o veterano escritor Bernardino Graña. N’ O gaiteiro e o rato Pérez o autor construíu unha trama perfectamente fiada, cun ritmo narrativo impecable. Narra a historia de Silvino, un gaiteiro de aldea, que se ve obrigado por mor dun accidente, a viaxar á cidade.

Xurado VIIIº Premio Merlín de Literatura Infantil: Xan Couto Palmeiro, Martiño Ferro Fernández, César Lorenzo Gil, Alicia Navaza Vázquez, Miguel Vázquez Freire e Helena Pérez (secretaria sen voto).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: