«Fervenzas Literarias» acaba de dar a coñecer o resultado da enquisa entre os seus lectores para escoller O mellor de 2008.
Temos que agradecer que Xerais fose considerada como «Mellor editorial do ano», así como celebrar que Marcos Calveiro fose o «Mellor autor», Xosé Cobas «o mellor ilustrador» e a obtención dos premios nacionais de ensaio e literatura infantil por Justo Beramendi e Agustín Fernández Paz considerados como o «Mellor acontecido de 2008». Ademais, envarias modalidades resultaron gañadores títulos publicados pola editorial:
Mellor libro de narrativa adultos do ano: Festina lente de Marcos Calveiro.
Mellor libro de ensaio adultos do ano: Os Grouchos de Manuel O’Rivas.
Mellor libro xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo.
Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias.
Etiquetas: calveiro, fernández_paz, fervenzas_literarias, festina_lente, manuel_rivas, os_grouchos, o_libro_das_viaxes_imaxinarias, xabier_docampo, xosé_cobas
Maio 10, 2009 ás 11:03 am |
[…] «O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009 By xerais No seo da cea anual organizada en Santiago por AELG foron entregados os premios AELG á mellor produción literaria do ano 2008. Entre as numerosas obras finalistas editadas por Xerais, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas, resultou o gañador na categoría do mellor libro infantil e xuvenil. Este é o terceiro premio que acada esta obra que xa recibira o Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, outorgado polo Asociación Galega de Editores e o premio «Fervenzas literarias» ao mellor libro infantil e xuvenil de 2008. […]