«O xardín das pedras flotantes»

O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Xerais 2008, tras a súa presentación onte en Pontevedra, suscita o interese de varios medios.

Teresa Cuíñas anuncia en El País Galicia o prolongamento da novela no blog do autor.

Xosé Manuel Eyré publica duás entregas da crónica da crítica que está preparando. Adiantamos un parágrafo da primeira:

0925234001212863899-manuel-lourenzo-gonzalezPolo pronto, a novela tenme entre o ceo e o inferno. Está escrita con moito oficio, recoñécese un narrador elegante (ultimamente, eis un cualificativo que, afortunadamente, se me repite), que se manexa moi ben nun microestilo ou estilo frástico no cal os ritmos de exposición e intelección están pulcramente coidados, cunha lingua dúctil e próxima (non foxe do cultismo nin lle pon medo o coloquial ) na que o lector le con comodidade e o agrado de ter diante un narrador con oficio que se esmera en non defraudar. O ceo. Iso e a habilidade para transitar entre rexistros narrativos. Na bitácora do autor, unha excelente oportunidade de comprobalo. Aquí, cinco páxinas.

Por último, recollemos varias das afirmacións realizadas na presentación por parte de Mario Iglesias e Kiko Dasilva:

  • «Unha obra extraordinaria, de estrutura sólida, ben construída. Un traballo tremendo de arquitecto onde hai un trasfondo de anos.» Mario Iglesias.
  • «Fascina desa estrutura que sexa aberta, que teña ventás a outras moitas historias. Unha novela chea de links.» Mario Iglesias.
  • «Esta novela é un universo que conecta con universos.» Mario Iglesias
  • «Unha novela que fala do primeiro amor, mais non dende a inxenuidade do namorado.» Kiko Dasilva
  • «Os lectores namoraranse tanto dos personaxes como das historias que nos gustarían que contasen.» Kiko Dasilva
  • «Este será o libro máxico para Manuel. Enganchará a mozos e adultos. Espertará a curiosidade de cada lector polo seu propio pasado.» Kiko Dasilva

Etiquetas: , , , , , ,

Unha resposta to “«O xardín das pedras flotantes»”

  1. ferradura en tránsito » os libros que agasallarei Says:

    […] O xardín das pedras flotantes, para unha nai que marchou co fillo que vai estudar en Lugo, estas historias son moi dela. Ademais lembraralle a adolescencia, polo que engadirei Os paxaros tamén emigran ao sur, que ela viviu en Barcelona. […]

Deixar un comentario