Outra Galiza, novo libro de xornalismo de Suso de Toro, aparecerá nas librarías coincidindo coa Feira do Libro de Vigo. Reproducimos o texto de cuarta de cuberta que preparamos:
As páxinas d’ Outra Galiza, escritas dende 2003 á primavera de 2008, naceron do diálogo do escritor Suso de Toro co seu país, nuns anos de tránsito, de cambio social e político nos que houbo momentos de grande conflitividade e dureza, nun tempo aberto no que apareceu a expectativa de que a sociedade galega abrollase máis anovada. Textos críticos e autocríticos, escritos coa convicción de que as palabras contribúen a cambiar o estado das cousas e ganduxados coa intención explícita de ir ofrecendo un programa para un novo galeguismo e tecer unha Galiza da cidadanía. Un libro de intervención onde latexa no fondo un optimismo razoable e a confianza na nosa sociedade e nas posibilidades deste tempo novo.
Outra Galiza será presentado a finais deste mes en Santiago.
Etiquetas: outra_galiza, suso_de_toro, xornalismo
Xuño 17, 2008 ás 9:23 am |
Joer, póñense de acordo o Rivas e o Suso para sacar á vez os seus libros? ;D
Á hora de escoller cal mercar isto vai ser como: e ti a quen queres máis? a mamá ou a papá?
Xuño 19, 2008 ás 11:55 am |
O bonito é ter donde escoller. Non, si?
Xuño 25, 2008 ás 9:41 am |
[…] ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”). Outra Galiza será presentada aos medios de comunicación o luns 30 de xuño, ás 12:00 horas, no Club […]
Xuño 25, 2008 ás 3:36 pm |
[…] 4 venres, ás 20,00 h: Suso de Toro asinará Outra Galiza. […]