Posts Tagged ‘outra_galiza’

«Outra Galiza», crítica no «Faro da Cultura»

Outubro 30, 2008

Alfredo Iglesias publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica de Outra Galiza, o volume de Suso de Toro publicado en Xerais Crónica.

Advertisements

Suso de Toro, entrevistado para a rede

Xullo 9, 2008

Aquí pode verse a entrevista con Suso de Toro emitida por ANT Televisión con motivo da presentación d’ Outra Galiza. En Vieiros pode visionarse estoutra entrevista.

Suso de Toro presentou “Outra Galiza”

Xullo 1, 2008

Suso de Toro presentou Outra Galiza nun acto celebrado no Club Internacional de Prensa de Santiago no que estivo acompañado do editor Manuel Bragado. Recollemos as primeiras referencias publicadas nos medios electrónicos:

  • “Os galegofalantes somos tratados como inmigrantes” (Galicia hoxe).
  • “A ‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (El Correo Gallego).
  • “Suso de Toro. ‘Soy de los de Galiza con Z'” (El País Galicia).
  • “Suso de Toro: ‘Este é un libro militante'” (A Nosa Terra).
  • “De Toro cre que o cambio político en ‘Galiza’ non erradicou o ‘clientelismo'” (Faro de Vigo).
  • “Suso de Toro: ‘o cambio en Galiza non erradicou o clientelismo'” (La opinión da Coruña).
  • “Suso de Toro reflexiona en ‘Outra Galiza’ sobre los dilemas de la sociedad gallega” (EFE, Soitu).
  • “Suso de Toro: ‘O maior cambio de Galiza foi apartar un poder político que parecía perpetuo'” (Galiciae).
  • “Suso de Toro reflexiona en ‘Outra Galiza’ sobre el cambio político y critica que se mantengan políticas clientelares” (La Región).
  • “O escritor Suso de Toro presentou o seu último libro no Club de Prensa” (ABC).
  • “Suso de Toro presenta a súa percepción de Galiza nun libro novo” (Vieiros).
  • “‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (MundoGaliza).
  • “Son dos de ‘Galiza’ porque fixen galeguista con Castelao” (Praza das letras).

“Outra Galiza”, roda de prensa

Xuño 29, 2008

O luns, 30 de xuño, ás 12:30, no Club Internacional de Prensa de Santiago, presentarase en roda de prensa Outra Galiza de Suso de Toro. No acto intervirán o autor e Manuel Bragado.

“Outra Galiza”, adianto

Xuño 25, 2008

Aquí poden descargarse vinte páxinas do novo libro de xornalismo de Suso de Toro, Outra Galiza. Este documento pdf inclúe o limiar do libro e dous traballos correspondentes ás dúas partes da obra: “o traxe non vale” (primeiro traballo do capítulo “O tempo aberto”) e “Outras ideas, outro galeguismo” (un dos textos da segunda parte “Saíndo ao día”). Outra Galiza será presentada aos medios de comunicación o luns 30 de xuño, ás 12:00 horas, no Club Internacional de Prensa de Santiago e o autor asinará exemplares na Feira do Libro de Vigo no serán do venres 4 de xullo.

“Outra Galiza”, novo libro de Suso de Toro

Xuño 17, 2008

Outra Galiza, novo libro de xornalismo de Suso de Toro, aparecerá nas librarías coincidindo coa Feira do Libro de Vigo. Reproducimos o texto de cuarta de cuberta que preparamos:

As páxinas d’ Outra Galiza, escritas dende 2003 á primavera de 2008, naceron do diálogo do escritor Suso de Toro co seu país, nuns anos de tránsito, de cambio social e político nos que houbo momentos de grande conflitividade e dureza, nun tempo aberto no que apareceu a expectativa de que a sociedade galega abrollase máis anovada. Textos críticos e autocríticos, escritos coa convicción de que as palabras contribúen a cambiar o estado das cousas e ganduxados coa intención explícita de ir ofrecendo un programa para un novo galeguismo e tecer unha Galiza da cidadanía. Un libro de intervención onde latexa no fondo un optimismo razoable e a confianza na nosa sociedade e nas posibilidades deste tempo novo.

Outra Galiza será presentado a finais deste mes en Santiago.