“Os Grouchos”, novo libro de Manuel Rivas

Coincidindo coa feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo, aparecerá nas librarías Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas. Reproducimos o texto de presentación que preparamos.

Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das “faíscas da esperanza” das que falou Walter Benjamín. Manuel O´Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do “home rebelde” de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos “meniñeiros”, os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: “Quen lle teña medo ao mar que non embarque!”

O vindeiro luns, 23 de xuño, presentarase esta edición na Librería Ler de Santa Comba, ás 18:00 horas.

Etiquetas: , ,

Unha resposta to ““Os Grouchos”, novo libro de Manuel Rivas”

  1. “Os Grouchos”, presentación en Santa Comba « Xerais blog Says:

    […] Grouchos”, presentación en Santa Comba Vieiros faise eco da convocatoria de presentación d’ Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas, que se celebrará o vindeiro […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: