Premios da Crítica 2008, propostas da AELG

A Sección de Crítica Literaria da AELG deu a coñecer a súa proposta para os Premios de narrativa e poesía galegas que a Asociación Española de Críticos Literarios fallará o vindeiro día 18 de abril en Santander.

–Modalidade de narrativa: Festina Lente, de Marcos S. Calveiro, publicado por Xerais.
–Modalidade de poesía: Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais.
De Festina Lente, o xurado valorou a súa orixinalidade, trazo que a fai destacable nun panorama prolífico de seu no xénero histórico, así como a súa riqueza lingüística e a capacidade de dar vida á Compostela dos séculos XVI e XVII, transformando en literatura unha ben peneirada documentación histórica.
De Hordas de escritura, destacou a solidez do seu discurso vangardista e a construción dunha poesía que se articula como unha loita contra a propia linguaxe literaria, trazos que marcan un fito importante na xa longa traxectoria da autora.

Os nosos parabéns para Marcos Calveiro e Chus Pato por esta proposta.

Etiquetas: , , , ,

Unha resposta to “Premios da Crítica 2008, propostas da AELG”

  1. Calveiro e Chus Pato, premios da Crítica 2008 « Xerais blog Says:

    […] e Chus Pato, premios da Crítica 2008 By xerais Confirmouse a noticia é Marcos Calveiro por Festina lente no eido da Narrativa e Chus Pato por Hordas de escritura no de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: