“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

O crítico X. M. Eyré adianta hoxe no seu blog as primeiras impresión críticas de Atracción total, o libro de narrativa de Carmen Blanco. Recollemos uns fragmentos do seu texto:

“Xa adiantei que me parece un libro atrevido, equilibrio sen rede entre o literario e o non literario. Entre os lectores espertará admiradores apaixonados e detractores convencidos, aventuramos.

O que se di, para o crítico, un libro “polémico”. Moi polémico.

Porque explora as fronteiras do feito literario, non é un tópico. Porén esa exploración pode non ser percibida, pode causar desagrado e mesmo pode ser considerada un “exceso”, un “capricho” consentido.

Porque a tal exploración, non se produce nos lindes difusos mais definidos do feito literario clásico. Desde os ollos do feito literario clásico os textos (ou textículos, ao Cortázar, que cadra ben coa temática erótico-amorosa, imprescindíbel aquí), eses textos seguramente serán vistos como xenialidades ou algo polo estilo.

É mais, teño a impresión de que así foi concebido pola autora, Carmen Blanco.

Do que non teño dúbida é de que tamén foi concebido como un caderno de sensibilidades e de emocións. E como unha homenaxe cuádrupla: ao amante, ao amor, á liberdade, á Terra. Sei que é moito resumir, pero non penso que erre.”

Etiquetas: , ,

Unha resposta to ““Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré”

  1. Miscelánea de textos breves « Xerais blog Says:

    […] de textos breves Xosé Manuel Eyré publica no diario electrónico A Nosa Terra unha crítica de Atracción total, o libro de Carmen […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: