“A lúa dos Everglades”, crítica interesante

Xosé Manuel Eyré publica unha interesante crítica d’ A lúa dos Everglades a novela de Xesús Manuel Marcos, gañadora do premio de narrativa Terra de Melide 2007. Transcribimos un dos parágrafos do texto.

A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos obtivo o galardón do sétimo certame melidense. Trátase dunha boa novela, do melloriño que a narrativa galega do ano pasado nos deixou. Alá polo verán de 2005 xurdía a noticia de que Sofía Romo, irmá de Prudencio Romo, emigrada nos USA, logo dun atraco sufría amnesia, non era quen nin de lembrar o seu propio nome e cantaba acotío cancións de Os Tamara, preciamente por elas sería como, tras moitos meses de procura, a darían atopado nunha residencia estadounidense. Caso de violencia contra os emigrantes que, desafortunadamente, non é único. Esta é a orixe, o impacto que produciu no autor. Isto e mais a conciencia do desamparo que padece a vellez nos nosos días. E velaí, logo, que os versos de cancións de Os Tamara que salfiren o discurso non obedezan a un oportuno aceno de cara á galería. E velaí, logo, que sería ben que a homenaxe do autor se vise acompañada da do lector.”

Etiquetas: , ,

2 Respostas to ““A lúa dos Everglades”, crítica interesante”

  1. Novas críticas no “Faro da Cultura” « Xerais blog Says:

    […] críticas no “Faro da Cultura” Francisco Martínez Bouzas publica unha nova crítica sobre A lúa dos Everglades, a novela de Xesús Manuel Marcos. Así mesmo, no mesmo espazo […]

  2. Brétemas » «O Brindo de ouro II», quedei rendido diante desta novela de Xesús Marcos Says:

    […] desta década, lembremos que en 2007 obtivo o Terra de Melide con A lúa dos Everglades (unha das mellores novelas que se teñen escrito sobre o fenómeno da emigración), este ano publica este grande Brindo e na vindeira primavera publicará A marca da derrota, a súa […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: