«Conexión Tubinga», presentación en Ourense

Mañá, xoves, 18 de decembro, ás 20:00 horas na libraría Torga de Ourense presentarase Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do premio Xerais 2008. No acto acompañará ao autor Fran Alonso.

xg00159601O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.

Etiquetas: , , ,

Unha resposta to “«Conexión Tubinga», presentación en Ourense”

  1. ferradura en tránsito » Existe Deus?, inicio da lectura de Conexión Tubinga Says:

    […] ligazón ao autor dese libro misterioso, prohibido no Seminario de Auria, e que desata a acción da novela de Alberto […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: