1990, VIIº Premio Xerais
A Coruña, 10 novembro 1990
Dez orixinais desputaron o premio de Novela na súa sétima edición, que foi concedido por unanimidade ao presentado baixo o lema “Pancracio Posi” que correspondeu á novela titulada As baleas de Eduardo Reinoso da que resultou ser autor o vigués Alfonso Álvarez Cáccamo.
O xurado valorou desta novela a “sua axeitada mestura de realismo e subrealismo que fan do relato unha fervenza continua de situacións cheas de orixinalidade, con ironía e humor ben galegos”. A novela ofrece unha visión humorística da realidade, conseguindo unha prosa suxestiva e de gran plasticidade.
Xurado do VIIº Premio Xerais de Novela: Xosé Luís Blanco Vázquez, Manuel Caamaño Suárez, Xaimé Santomé Fervenza, Xosé Varela, Ramón Vidal Romaní e X.Luís Méndez Ferrín (secretario sen voto).
O premio Merlín foi concedido, entre un total de 23 orixinais, ó titulado Fafarraios da vilagarciana Gloria Sánchez. Fafarraios é un conxunto de poemas que, en principio, sen fío condutor, se presentan como un xogo poético, gratuíto pero enormemente divertido, que bebe do zume e feituras da literatura popular infantil. Fafarraios foi incluído na Lista de Honra do IBBY e reeditado en dúas ocasións.
Xurado Vº Premio Merlín de Literatura para Nenos: Brais Fernández Álvarez, Ánxela Santomé Veiga, Carme Soto Carballada, Consuelo Varela Fernández, Miguel Vázquez Freire e Helena Pérez (secretaria sen voto).
Deixar unha resposta