1989, VIº Premio Xerais

Santiago, 11 novembro 1989

Coa sexta edición, os premios iniciaron o seu carácter itinerante pola cidades da Galicia enteira, que os membros de Xerais identifican cunha “vocación integradora e galega, onde o país é un todo, coa pluralidade das súas comarcas e cidades”. Compostela acolleu tamén a primeira das exposicións que acompañan o fallo dos premios, “Dez anos con Xerais”. A mostra de libros, portadas, deseños, fotografías, mostra de artes gráficas e presentación das novidades do ano constitúen, desde 1989 un ingrediente máis da chamada “Noite da novela galega”.

Catorce novelas optaron ó premio, que foi adxudicado á presentada baixo o lema “Tempo de outono” e realmente titulada Galván en Saor da que foi autor o escritor –xa moi coñecido como poeta e tradutor de clásicos– Darío Xohán Cabana. Galván en Saor, a primeira novela de Cabana, constituíuse nun dos grandes best sellers da literatura galega das dúas últimas décadas, con máis de 50.000 exemplares vendidos en dezasete edicións (ata 2008). Aclamada unanimemente pola crítica e o público, esta novela filtrada por unha fina poética cunqueirana foi considerada como “unha xoia da narrativa galega dos últimos anos”. Cabana tomou un dos personaxes da táboa redonda, este Galván escéptico e mundano, asentado nunha pousada luguesa das terras de Saor, anagrama de Roás, a terra do escritor.

Xurado VIº Premio Xerais de Novela: Xan Carballa, Carlos Mella, Orencio Pérez, Roberto Romero, Xosé Luís Vázquez e X.Luís Méndez Ferrín (secretario sen voto)

Á cuarta edición do Merlín presentáronse dezasete obras, sendo adxudicado á que se presentaba baixo o lema “O efecto dos raios gamma sobre as margaridas… con permiso de Paul Newman”, que correspondeu á obra titulada As flores radioactivas do profesor vilabés Agustín Fernández Paz, que non puido recoller o premio debido a unha enfermidade. As flores radioactivas axiña recibiu o apoio unánime dos lectores máis novos, acadando actualmente unhas ventas superiores aos 50.000 exemplares en quince edicións (ata 2008). O libro foi traducido ao castelán, catalán e éuscaro tamén con grande éxito de lectores. Novela ecoloxista e pacifista, moi ben documentada e escrita con con axilidade e sinxeleza, discorre a través do diario persoal de Alba, nena que se ve inmersa nunha aventura de repercusión mundial. Un extraño fenómeno aparece na foxa atlántica, onde varios países europeos verqueron os residuos radioactivos procedentes das súas centrais nucleares.

Xurado IVº Premio Merlín de Literatura para Nenos: Marica Campo, Marcos García, Xosé Lastra, Celestino Pardo, Susana Villares e Helena Pérez (secretaria sen voto).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: