Posts Tagged ‘xurxo_taxes’

Homenaxe a Taxes en Vimianzo

Maio 28, 2009

Recollemos esta noticia da edición de La Voz de Galicia de Carballo sobre a homenaxe tributado ao escritor Francisco Taxes polo alumnado do IES Terra de Vimianzo:

10001830813Un nutrido grupo de profesores del instituto Terra de Vimianzo (me cuenta mi compañera y sin embargo amiga L. Casanegra ) se desplazaron ayer hasta el cementerio parroquial de Cereixo para participar en la ofrenda floral en homenaje a Francisco Taxes , motor del teatro gallego con raíces vimiancesas. La actividad se enmarca en un programa de actividades, organizadas por el departamento de normalización lingüística del centro que dirige Teresa Araújo , con el que se pretendía rendir un homenaje al escritor gallego. Para ello, los escolares se dedicaron durante todo el curso a estudiar la figura del intelectual e, incluso, elaboraron unos grandes paneles informativos que se pueden ver en los pasillos del centro con toda la información sobre la obra de Taxes. Ayer estuvo su hijo, Xurxo Taxes , en el centro en donde mantuvo una animada charla con los alumnos. Por la tarde, los profesores lo acompañaron a la tumba de su padre, en Cereixo, en donde lo recordaron en un emotivo acto.

Os nosos parabéns á comunidade educativa do IES Terra de Vimianzo por este grande traballo que axudará a recuperación da figura, da obra e da memoria literaria do escritor Francisco Taxes.

«A caixa negra de Francisco Taxes»

Outubro 4, 2008

Lara Rozados publica en A Nosa Terra unha longa reportaxe sobre Francisco Taxes con motivo da publicación da súa Obra dramática na nosa Biblioteca das Letras Galegas, editada polo seu fillo Xurxo.

«’Maldito’ Paco Taxes»

Setembro 26, 2008

Óscar Iglesias publica nas páxinas de «Luces» de El País unha reportaxe sobre a aparición da Obra dramática de Francisco Taxes preparada por Xurxo Taxes Díaz.

Grande éxito da presentación da obra dramática de Taxes

Setembro 17, 2008

Máis de cento cincuenta persoas ateigaron o salón de actos da Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña para asistir ao acto de presentación da Obra dramática de Francisco Taxes editada dentro da Biblioteca das Letras Galegas. No acto interviron Ramón Nicolás, Xurxo Taxes, Manuel Rivas e a conselleira de Cultura Ánxela Bugallo.

Presentación na Coruña da obra dramática de Francisco Taxes

Setembro 10, 2008

O vindeiro martes, 16 de setembro, ás 20:00 horas será presentada na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, a edición da Obra dramática de Francisco Taxes, publicada por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega. O acto contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Xurxo Taxes (editor da obra), Ramón Nicolás (director da colección), Manuel Rivas (escritor) e Manuel Bragado (director da editorial).

”Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita”, como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) apostou nos seus textos por un teatro popular, comprometido e divertido, contribuíndo deste xeito a converter a arte de Talía nunha ferramenta fundamental na loita a prol da recuperación e a normalización da cultura e a lingua galegas. Este volume, que recolle a súa produción dramática ao completo, inclúe dúas obras inéditas, Caderno de bitácora –representada polo CDG en 1985– e a persoal e transgresora Elas (1997). Na introdución, preparada por Xurxo Taxes Díaz, dáse conta da andaina vital e artística dun dramaturgo que soubo, sen prescindir da defensa dun teatro de diálogos áxiles e aparencia sinxela e natural, afondar nos grandes temas da condición humana, como a morte, a violencia, o poder ou o sexo. Un libro clave para a recuperación dun dramaturgo clave no devir do teatro galego da segunda metade do século XX.