Para seguir bailando, o libro de relatos de X.F. Fernández Naval, será presentado mañá 30 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. No acto acompañarán ao autor Ánxeles Cuñas e Xavier Paz.
Posts Tagged ‘xavier_paz’
«Para seguir bailando», presentación en Ourense
Abril 29, 2009Xerais no FESTIGAL
Xullo 11, 2008Xerais participará nos seguintes actos do FESTIGAL, a celebrar en Compostela durante a tarde e o serán do 25 de xullo:
- 17:15: Presentación da edición en galego d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Intervirán: Carmen Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Manuel Bragado, África López e Marga Marcuño.
- 18:30: “Herbas do cego”, recital de poesía de Manuel Rivas. A continuación, presentación d’ Os Grouchos.
- 19:15: Presentación do libro Renacer de Xabier Paz. Intervirán: Manuel Bragado e o autor.
- 20:15: Presentación do libro Os piratas da illa da Esperanza. Falarán: X. H. Rivadulla Corcón, Manuel Bragado, Isidro Novo e Susana Rois.
- Durante a tarde, Rosa Aneiros, Marcos Calveiro, Agustín Fernández Paz e Teresa Moure, asinarán exemplares das súas obras.