Posts Tagged ‘wittgenstein’

Xerais publicará en 2009 dúas obras de George Steiner

Outubro 28, 2008

Xerais chegou a un acordo cos axentes do filósofo G. Steiner para publicar durante o ano 2009 dentro da colección Xerais Ensaio dúas das súas obras: After Babel: Aspect of Language and Translation (1975) e George Steiner at the New Yorker (obra, aínda inédita, que aparecerá nos Estados Unidos no vindeiro mes de xaneiro). Dentro da mesma colección tamén aparecerá o segundo tomo d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir (traducido por Marga Rodríguez Marcuño) e o Tractatus Logico-Philosoficus 1918 de Wittgenstein (traducido por Arturo Leyte), continuando co proxecto da editorial de traducir para o galego grandes textos do ensaio do século XX.

Actualización (30-10-2008): varios medios fixéronse eco da noticia: El Progreso, Galicia hoxe, Vieiros e Lg3.