Posts Tagged ‘vinte_mil_pesos_crime’

Héitor Mera defende en galego na UNED a súa tese sobre Bernardino Graña

Xuño 11, 2009

heitor_bernardino

O filólogo cangués Héitor Mera defenderá o vindeiro venres a primeira tese de doutoramento que se presenta en galego na UNED. Isto supón un feito histórico, xa que nunca antes na UNED se permitira o emprego de ningunha das linguas cooficiais do Estado Español para a presentación dunha tese.

O traballo, que versa sobre a vida e a obra do escritor Bernardino Graña, tivo como base a tesiña que presentara no ano 2003 sobre Vinte mil pesos crime.