Posts Tagged ‘valga’

«Remoldiño vai á feira» en Valga

Novembro 1, 2008

O mércores, 5 de novembro, no Auditorio Municipal Cordeiro de Valga, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet. Este espectáculo de animación, de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».