Carlos Reigosa visita esta noite o programa «Libro aberto» (TVG, 00,30 horas) para falar da súa novela máis recente, A vida do outro, premio Torrente Ballester 2008.
Posts Tagged ‘tvg’
Carlos Reigosa esta noite en «Libro aberto»
Setembro 22, 2009Agustín Fernández Paz en «Libro aberto»
Setembro 15, 2009Agustin Fernández Paz visita esta noite o programa Libro aberto (TVG, martes 15 de setembro, 0:15 horas) para presentar Lúa do Senegal, a súa novela máis recente.
Estíbaliz Espinosa en “Libro Aberto”
Maio 27, 2009Esta noite no programa Libro Aberto da TVG (0:30 horas), Estíbaliz Espinosa falará sobre o seu poemario Zoommm. Textos biónicos no que aborda a orixe de vida. O programa será emitido, tamén, o luns 1 de xuño, ás 23:30 horas pola G-2 (TDT).
As nosas novidades en “Libro Aberto” na TVG
Maio 20, 2009Hoxe no programa Libro Aberto da TVG, que se emite hoxe ás 0:45 horas e que tamén se poderá ver na G-2 (TDT) o luns 25 ás 23:30 horas, inclúese contidos referidas aos recentes lanzamentos de Xerais.
Ao comezo do programa, que se gravou nas instalacións da Fundación 10 de marozo, entrevístase a Xosé Fernández Ferreiro, con motivo da aparición da súa décimo sexta novela, Tempo de centeo.
Despois abórdanse as etapas dun proceso de edición con motivo da publicación de Do orixinal ao libro. Manual de edición, obra de Juan L. Blanco Valdés que analiza este proceso e fixa, por primeira vez en galego, os termos propios da edición técnica.
Despois, o condutor do programa falará co escritor Xosé Francisco Fernández Naval, sobre o seu último libro Para Seguir Bailando, un conxunto de dez relatos nos que aborda temas como o abandono do medio rural, a corrupción, a memoria ou o abuso exercido sobre a muller.
Por último, na sección de crítica, Isabel Soto analizará a obra Quen matou a Inmaculada de Silva? de Marina Mayoral. Neste libro xuvenil aparece, como noutras obras da escritora mindoniense, o espazo imaxinario e simbólico de Brétema.
Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»
Febreiro 15, 2009Xosé Ramón Pena será entrevistado esta noite por Manolo Romón no programa «Libro Aberto» de TVG con motivo da publicación da súa novela A batalla do paraiso triste. A entrevista foi gravada no Museo Galego de Arte Contemporánea de Santiago e será emitida na noite do domingo a partir das 1:45 da madrugada. Ademais, no programa, Xavier del Valle Inclán falará de Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional de Carlos Taibo. O programa repetirase en G-2 o venres, 20 de febreiro, ás 15:30 horas. Tamén pode verse en internet aquí.
Manuel Rivas entrevistado en «Libro aberto»
Setembro 22, 2008Manuel Rivas foi entrevistado no primeiro programa da tempada de Libro aberto, o programa de libros da TVG. Manuel Romón e Rivas conversaron arredor da aparición d’ Os Grouchos.