Posts Tagged ‘terra_melide’

Jaureguizar entrevistado por «Galicia hoxe»

Xaneiro 24, 2009

Jaureguizar non para. Hoxe é entrevistado en Galicia hoxe con motivo da publicación d´O Globo de Shakespeare, a súa premiada novela que cada vez está recollendo maior interese por parte  da crítica, dos medios e do lectorado. Recollemos algúns fragmentos da entrevista:

jaurealvezA obra foi recoñecida o xuño pasado co VIII Premio Terra de Melide. «As vendas van ben, as críticas son boas… din que é o meu mellor libro», comenta o autor, que xa está traballando noutras dúas novelas. De feito, onte atendeu este xornal por teléfono desde a cafetería na que estaba escribindo no seu ordenador. «O ano ten catro trimestres, que dan para escribir unhas tres novelas. O que fago é levantarme ás seis da mañá, ir correr e mentres ir pensando o que vou escribir, e despois escribo ata as oito. Soa un pouco espartano, pero é que máis tarde é moito máis difícil: tendo dous pícaros e co traballo…», di.

O Globo de Shakespeare é, segundo explica o seu autor, un «libro sobre os soños que temos todos: de poder, de amor, de éxito… Fala do espectáculo, e do fracaso, a través dun personaxe, Ricardo, un titiriteiro que ten un teatro nun paseo, e que lle ten envexa a un escritor de éxito. Chega un punto no que o seu fracaso é tal que só actúa para unha prostituta á que lle paga por velo actuar». A novela tamén aborda as relacións de poder en grupos pequenos, a partir dunha trama sobre a busca do manuscrito do Hamlet nun pazo de Ribadeo.

Jaureguizar en Vigo

Xaneiro 24, 2009

jaureguizar-manoloJaureguizar presentou onte a novela gañadora do Premio Terra de Melide O Globo de Shakespeare na libraría Librouro de Vigo. Faro de Vigo aproveitou para facerlle unha entrevista ao novelista de Ribadeo.

«A lúa dos Everglades», crítica de Alfredo Ferreiro

Xaneiro 19, 2009

Alfredo Ferreiro publica no blog «O levantador de minas» unha crítica sobre A lúa dos Everglades, a novela de Xosé Manuel Marcos, Premio de Narrativa Terra de Melide 2007. recollemos o derradeiro parágrafo do texto:

xg00138401[…] Mais non foi así. N’ A lúa dos Everglades (Premio Terra de Melide 2007) é precisamente ese mundo da aldea mítica o que é transportado ás grandes urbes transatlánticas mercé a un recurso de cristalina verosimillanza: a inclusión no argumento do tema da emigración. Así, ademais da aldea que impera como lugar en que os caracteres desta novela tiñan agromado, desenvólvense as vidas ficcionadas tamén nos ambientes urbanos de Bos Aires, Miami e Madrid. Con esta cartografía, a referencia aos pasados aldeáns, inevitábeis até o punto de seren tratados como un estándar eficiente, adúbase con intrigas que tinxen o relato coas cores do asasinato e ilumínase ambiguamente coas penumbras do romance policial. O resultado foi  unha narración áxil, imaxinativa, emotiva e amena, é dicir, unha novela recomendábel para un amplo abano de lectores.

«O Globo de Shakespeare», a nova novela de Jaureguizar

Outubro 9, 2008

Están a piques de chegar da imprenta os primeiros exemplares d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Unha novela que alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), constitúe, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor.

Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes d’ O Globo de Shakespeare. O achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asulagará os seus soños e as súas vidas. O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cun apoteósico final tráxico.

Fotografía de cuberta: Manuel G. Vicente