Posts Tagged ‘salgueiro’

“Historia da chuvia que cae todos os días”, crítica no Cartafol

Setembro 10, 2008

Mario Regueira publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Historia da chuvia que cae todos os días, a peza de Roberto Salgueiro merecedora do Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2006. Reproducimos unha anaco do primeiro parágrafo do texto:

Falar a estas alturas da solvencia técnica de Salgueiro como autor dramático é posíbelmente correr o risco de caer na obviedade. A presente obra non representa, nese sentido, unha excepción no seu habitual bo facer, sobradamente demostrado noutras pezas, e non sempre necesariamente aquelas que tamén foron premiadas. Sinxelamente resta destacar desta historia o manexo minucioso do tempo dramático, e a capacidade de converter unha historia que pasaría por unha pequena anécdota familiar nun cadro detallista que abre longas perspectivas cara a problemas comúns da nosa sociedade e consegue explotar a maior parte dos seus matices. Nas escasas corenta páxinas de Historia da chuvia que cae todos os días atínxese non só ao problema endémico da emigración galega, senón que mesmo se dá cabida á nova realidade da nosa terra como receptora de inmigrantes, que á súa vez están a ser explotados.

Premios IGAEM 2008

Abril 8, 2008

O IGAEM convocou a XVIIª edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e a IIIª edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, que o vindeiro ano serán coeditadas polo IGAEM e Xerais dentro da colección Biblioteca Dramática Galega. Nas próximas semanas apareceran nas librarías as obras gañadoras da edición do ano 2007, Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro (XVIº Premio Álvaro Cunqueiro) e Gamer over de Carlos Losada (IIº Premio Manuel María).