Posts Tagged ‘riveira’

«Recordar doe», presentación en Riveira

Outubro 1, 2008

Mañá, 2 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Bar Plaza de Riveira a presentación do libro Recordar doe. Memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. No acto, organizado polo Ateneo Valle-Inclán e Xerais, participarán Santiago Páramo Aller, Manuel Bragado e Herminio Barreiro.

“As mellores intencións”

Abril 26, 2008

Outro libro que acaba de chegar ao almacén é As mellores intencións, a primeira novela de Begoña Paz, gañadora do Premio de Narrativa breve centenario do Concello de Riveira. Nas librarías na primeira semana de maio.

As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quen ela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes que se debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, por unha vez, todo poida ira a mellor. As mellores intencións é unha historia de amores obsesivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo “miñoca”. Un conto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador que agocha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.