Organizada pola Asociación de Veciños Raigame de Santiago, o venres, 12 de xuño, ás 20.00 horas, nas instalacións do Centro socio cultural O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 16) de Santiago, celebrarase unha homenaxe ao profesor Herminio Barreiro e presentación do seu libro Recordar doe. No acto participarán Xaquín Mato (presidente de Raigame), Fran Alonso e Herminio Barreiro.
Posts Tagged ‘recordar_doe’
“Recordar doe”,
Xuño 11, 2009Etiquetas:herminio_barreiro, recordar_doe, santiago
Publicado en Crónica, Homenaxes, Presentacións | Leave a Comment »
“Recordar doe”, presentación en Cerdedo
Maio 5, 2009Organizada pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, o vindeiro venres, 8 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do concello de Cercedo (fronte ao cuartel da Garda Civil), realizarase a presentación do libro Recordar doe de Herminio Barreiro. No acto, que será presentado por Lola Varela, presidenta de “Verbo Xido”, participarán Ana Acuña, Fran Alonso e o autor.
Etiquetas:ana_acuña, cercedo, herminio_barreiro, lola_varela, recordar_doe, verbo_xido
Publicado en Crónica, Noticias, Presentacións | Leave a Comment »
Herminio Barreiro, entrevista en «Tempos»
Outubro 16, 2008Herminio Barreiro, autor de Recordar doe, é entrevistado por Iago Martínez en Tempos. Recollemos varios fragmentos:
Aos vinte anos nin doe recordar nin doe nada, pero a unha certa idade si. Recordar doe porque é tomar conciencia do paso do tempo. Por que hai unha certa amargura no que se lembra? Porque xa non existe. Nin a vivencia nin o espazo da vivencia. Desapareceu. O título é algo que apareceu ao escribir o libro, cando falo dun mestre meu que fora torturado na guerra. Era un gran matemático pero perdera facultades. Eu axudáballe a recuperalas. As clases eran como un traballo conxunto dos dous, e el dicíame que recordar doe porque é volver pasar as cousas polo corazón. Gustoume. Pensei que era un bo título para o que estaba a facer, pero non estaba seguro. Un día, aquí a carón da facultade, vin unha pintada preciosa. Para provocar aos profesores, os estudantes escribiran “pensar non doe”. Pensei: teñen razón, pensar non doe, pensar é un pracer.
[…]
Brais Pinto foi un grupo de renovación política e cultural. Un grupo de amigos que nos xuntamos, un pouco por casualidade, alá en Madrid, e a través dunha serie de tarefas, da publicación de pequenos libros de poesía, formamos unha especie de escola mutua. Empezamos todos a influír uns nos outros, a falar uns cos outros, a educarnos uns aos outros, ás veces inconscientemente. As conversas de café, os comentarios sobre unha película que viramos xuntos, a crítica dos últimos libros que acababamos de ler, os acontecementos que estaban a ocorrer… Todo iso foi conformando unha maneira de ver o mundo. E o máis curioso, como di Ramón Lourenzo, é que eramos todos moi distintos.
Etiquetas:barreiro, memoria, recordar_doe, tempos_novos
Publicado en Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
«Recordar doe», presentación en Pontevedra
Outubro 7, 2008O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do volume memorialístico de Herminio Barreiro Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), publicado por Edicións Xerais de Galicia. No acto, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de outubro, ás 19 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra, acompañarán ao autor, Manuel Bragado, Luís Cochón e Daniel Pino.
O cartel da presentación foi preparado polo pintor Virxilio Fernández.
Etiquetas:ateneo_pontevedra, barreiro, daniel_pino, luis_cochón, memorias, recordar_doe
Publicado en Crónica, Noticias, Presentacións | Leave a Comment »
«Recordar doe», presentación en Riveira
Outubro 1, 2008Mañá, 2 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Bar Plaza de Riveira a presentación do libro Recordar doe. Memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. No acto, organizado polo Ateneo Valle-Inclán e Xerais, participarán Santiago Páramo Aller, Manuel Bragado e Herminio Barreiro.
Etiquetas:ateneo_valle_inclán, barreiro, memorias, recordar_doe, riveira
Publicado en Crónica, Noticias, Presentacións | Leave a Comment »
«Recordar doe», crítica no «Faro da Cultura»
Setembro 18, 2008Estro Montaña publica unha crítica no Faro da Cultura de Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.
Etiquetas:barreiro, estro_montaña, faro_da_cultura, recordar_doe
Publicado en Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Lembranza, ideario e pedagoxía
Setembro 4, 2008Mario Regueira publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Recordar doe, o libro de memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. Recollemos un parágrafo do texto:
[…] A narración un tanto anárquica destas memorias, na que se salta con facilidade da referencia bibliográfica, á reflexión política para retomar outra vez o fío conductor da memoria, lembra en ocasións ao estilo creado no ámbito dos blogues e outro tipo de narracións contemporáneas, dotando o contado dunha frescura que non teñen outros libros de memorias similares.
Etiquetas:barreiro, cartafol, mario_regueira, recordar_doe, vieiros
Publicado en Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
“Recordar doe”, por Marcos Valcárcel
Xullo 18, 2008Marcos Valcárcel publica unha fermosa anotación sobre Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.
Etiquetas:barreiro, marcos_valcárcel, memorias, recordar_doe
Publicado en Crónica, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »