Paula Fernández publica no Faro da Cultura unha crítica de Veleno tinto, a novela de Ramón Carredano publicada en Fóra de Xogo.
Posts Tagged ‘ramón_carredano’
«Veleno tinto»: relato de aventuras
Outubro 30, 2008“Veleno tinto” de Ramón Carredano
Abril 4, 2008Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime.
Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual. Esta novela supón o primeiro título de Ramón Carredano na colección Fóra de Xogo, despois de obter en 2005 o Premio Merlín de Literatura Infantil.