Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009, o número de participantes en cada categoría foi:
- 26º Premio Xerais de novela: 45 orixinais.
- 24º Premio Merlin de literatura infantil: 24 orixinais.
- 4º Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: 19 orixinais.
As obras finalistas en cada unha das tres categorías daranse a coñecer tras a primeira reunión deliberatoria dos xurados que se celebrará no serán do 29 de maio. O fallo definitivo anunciarase o sábado 6 de xuño no seo da cerimonia que se celebrará na illa de San Simón.