Posts Tagged ‘praza_das_letras’

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Xuño 8, 2009

Rosa Aneiros, a gañadora tanto do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 por Ás de bolboreta como do Xerais de Novela 2009 por Sol de Inverno, realizou as primeiras entrevistas para os medios. Recollemos as que fomos localizando.

2009060819450238589

Entrevista a Fran Alonso en «Praza das Letras»

Marzo 24, 2009

0040026001236874820-foto-manuel-g-vicente«Praza das Letras» publica unha longa entrevista que lle fixo a Fran Alonso con motivo da publicación d’ Un país a medio facer. A entrevista está centrada na evolución da cultura galega nos últimas dúas décadas e a súa proxección no futuro. Alonso comenta, ademais, o estado dos seus proxectos literarios: «En poesía teño un libro rematado hai un ano. Non o publiquei porque en Xerais temos moitos orixinais de poesía e está agardando vez. Titúlase Transición. Logo seguín escribindo e teño a metade doutro poemario. En narrativa teño varias cousas en distintos estados, o máis avanzado é un libro de relatos sobre as relacións humanas e a súa configuración.»

Entrevistas a Jaureguizar

Xuño 10, 2008

Galicia hoxe entrevista a Jaureguizar con motivo da obtención do premio Terra de Melide 2008 por O Globo de Shakespeare. Así mesmo, Praza das letras publica estoutra entrevista co autor de Fridom spik.