Posts Tagged ‘paula_carballeira’

Espazo radioescénico: entrega do IIIº premio de Teatro Radiofónico

Abril 19, 2009

tr2-320x2001xg00166201Aquí pode escoitarse a hora de radio e teatro na radio, celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña,  na que se entregou o IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O libro cedé, que inclúe a peza gañadora, Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas, e as dúas finalistas Servizo de Urxencias de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira, estará nas librarías ao longo deste vindeira semana.

Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico

Abril 13, 2009

ImprimirO vindeiro mércores, 15 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a gala de entrega da IIIª edición do Premio «Diario Cultural» de Teatro radiofónico. Será entón cando Rubén Ruibal e César Candelas reciban o premio por Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, peza protagonizada polo boxeador britano Peter Buckley,un eterno perdedor. Esta peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros, Xerais presentará na gala o libro-CD que  incluirá tanto a peza gañadora como as obras finalistas, O xou mas gou on de Eva Ferreira e Servizo de información de Paula Carballeira.

«Boas noites» en Espazo Lectura

Decembro 2, 2008

Paula Carballeira presentou Boas noites, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2006 nunha sesión do ciclo de lecturas compartidas «Lendo contigo», organizado en Gondomar por Espazo Lectura. Recollemos un dos vídeos gravados durante a sesión.

«Boas noites», presentación en Ames

Outubro 7, 2008

A Biblioteca Municipal de Ames, Berrobambán e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro e DVD Boas noites, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. O acto contará coa participación de Paula Carballeira e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Ames (rúa da Raxoeira 14) ás 18:30 horas. A compañía Berrobambán porá en escea Boas noites na Feira Galega das Artes Escénicas que se celebrará en Santiago do 13 ao 17 de outubro.

Presentación “Boas noites” de Paula Carballeira

Maio 9, 2008

O sábado, 17 de maio, ás 12,30 horas, na Casa das Letras de Ribadeo presentaremos o libro e o DVD Boas noites de Paula Carballeira, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. No acto participarán a autora e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. Logo, ás 19,00 horas, no Auditorio Hernán Naval, terá lugar a representación da obra a cargo da compañía Berrobambán.

Xiana, a protagonista de Boas noites, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos… Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do tema, o estrés infantil, un argumento contemporáneo abordado seguindo a tradición fantástica, valéronlle a Paula Carballeira o primeiro premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006. Guía Interactiva: Esta guía interactiva é un DVD co que se pode escoitar a música do espectáculo “Boas noites” e no que ademais se pode acceder a unha serie de actividades orientadas a educadores, nais, pais e rapaces coas que se pode coñecer mellor os medos máis comúns da cultural tradicional galega.