Para seguir bailando, o libro de relatos de X.F. Fernández Naval, será presentado mañá 30 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. No acto acompañarán ao autor Ánxeles Cuñas e Xavier Paz.
Posts Tagged ‘ourense’
«Para seguir bailando», presentación en Ourense
Abril 29, 2009Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe
Novembro 27, 2008O sábado 29, ás 19:00 horas, nas instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) presentarase Historia de Ourense o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o autor. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso.
«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel
Novembro 11, 2008Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Historia de Ourense, o novo libro de Marcos Valcárcel. O libro será presentado o sábado, 29 de novembro, ás 19:00 horas no Liceo de Ourense. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso. As persoas interesadas en asistir poden escribir a este correo electrónico: homenaxeamarcos@gmail.com
Este libro de Marcos Valcárcel constitúe unha achega, breve pero rigorosa, á historia de Ourense. A crónica do percorrido vital dunha cidade cunha longa historia e un moi poderoso legado cultural. Unha viaxe posible dende o mundo romano até a actualidade esculcando nos xeitos de vida, nas ideas e nos sucesos que marcaron o devir urbano. O convite a descubrir xuntos, os lectores e tamén os alumnos de Secundaria e dos Institutos, as raíces da cidade que acobillou figuras tan relevantes da nosa historia como Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez Ferrín.