Posts Tagged ‘o_segundo_sexo’

Xerais no FESTIGAL

Xullo 11, 2008

Xerais participará nos seguintes actos do FESTIGAL, a celebrar en Compostela durante a tarde e o serán do 25 de xullo:

  • 17:15: Presentación da edición en galego d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Intervirán: Carmen Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Manuel Bragado, África López e Marga Marcuño.
  • 18:30: “Herbas do cego”, recital de poesía de Manuel Rivas. A continuación, presentación d’ Os Grouchos.
  • 19:15: Presentación do libro Renacer de Xabier Paz. Intervirán: Manuel Bragado e o autor.
  • 20:15: Presentación do libro Os piratas da illa da Esperanza. Falarán:  X. H. Rivadulla Corcón, Manuel Bragado, Isidro Novo e  Susana Rois.
  • Durante a tarde, Rosa Aneiros, Marcos Calveiro, Agustín Fernández Paz e Teresa Moure, asinarán exemplares das súas obras.

“O segundo sexo”, crítica

Xuño 15, 2008

Helena Miguélez Carballeira publica en Protexta unha crítica da tradución galega, preparada por Marga Rodríguez Marcuño, do primeiro tomo d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir.