- O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, relatos.
- O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo González, novela.
- Toda a vida, Luís Rei Núñez, novela.
- Náufragos en terra, Xosé Manuel Martínez Oca, relatos.
- O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, novela.
- Resistencia, Rosa Aneiros, novela.
- Onde o sol non adormece, Antón Cortizas, novela.
- Atracción total, Carme Blanco, micronarrativa.
- Era por setembro, Xabier Quiroga, novela.
- Espérame, Xosé A. Perozo, novela.
Posts Tagged ‘o_lapis_do_carpinteiro’
Dez libros para namorar
Febreiro 14, 2009Chonchiña Comesaña, entrevista
Xullo 19, 2008El Pais Galicia publica unha entrevista con Chonchiña Comesaña, a muller que inspirou a novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro. A historia de amor entre Chonchiña (Ascensión Concheiro García, actualmente 95 anos) e o doutor Francisco Comesaña foi o eixo da celebrada novela de Rivas (22 edicións, máis de 70.000 exemplares vendidos ata hoxe). Recollemos un parágrafo significativo da entrevista realizada por Xabier R. Blanco:
“Chonchiña está radiante. Recuerda cómo le arrebataron de la mano a Francisco. Se dirigían a conocer a su suegra. Lo siguió por las cárceles de Santiago y A Coruña y lo persiguió hasta Valencia. Se ruboriza cuando narra que la complicidad de unos guardias civiles les permitió completar su amor cuatro años después de haberse casado por poderes. ‘Gente buena. Se jugaron la vida por nosotros. Nos dejaron pasar la noche en un hotel de Vigo. Al día siguiente lo llevaron al Lazareto de San Simón. Fue el día más triste de mi vida. Creí que no lo vería nunca más’.”
Foto: © Xurxo Lobato