Montse Penas publica no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia a primeira crítica tras a aparición do poemario de Carlos Negro Makinaria dentro da colección xuvenil Fóra de Xogo. Baixo o título de «Poesía para a mocidade: a virazón do aire», Montse Penas ofrece un texto no que reflexiona sobre o indubidable interese da mocidade pola lectura de poesía, ao tempo que considera o poemario de Carlos Negro como «unha ventada de aire fresco».
Posts Tagged ‘montserrat_pena_presas’
“Makinaria”, primeira crítica
Xuño 27, 2009«O Globo de Shakesperare», crítica en lg3
Marzo 10, 2009Montse Pena Presas publica no espazo de crítica de lg3 unha crítica sobre O Globo de Shakespeare a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Recollemos un dos parágrafos dun texto que consideramos moi interesante:
Se ben a primeira parte da novela se pode entender como unha grande e descritiva didascalia (o texto non é dramático, mais podería perfectamente selo), coa habitual presentación de localizacións e personaxes, unha segunda parte, moito mais breve, pero tamén máis intensa, presenta o drama e faino desencadear axilmente. E é aí, precisamente, onde reside a homenaxe/parodia a Shakespeare que realiza Jaureguizar: as pezas do quebracabezas van casando para que este O globo de Shakespeare se convirta nun Hamlet actualizado, esta vez en forma de novela, trasladado de novo a Galiza. Primeiro, porque todos os personaxes gardan un segredo, non só para os demais, senón tamén para eles mesmos, e este só se descobre cando se desencadea a grande traxedia final. Segundo, porque Ricardo é o novo Hamlet (e cando interpreta ao Príncipe de Dinamarca estase interpretando así mesmo), xa non namorado da nai, senón do pai. Terceiro, porque os acontecementos (acompañados das conseguintes confusións), ao igual que nas traxedias shakespirianas, acaban por rebasar aos caracteres, e con eles o elemento tráxico fundamental está servido. E cuarto, porque detrás deste escrito hai unha compoñente de realismo máxico, de personaxes intanxibles tocados por un alento de loucura, ou de maxia, se se quere, que non pode deixar de lembrar a un Cunqueiro que á vez que trasladaba os mitos á terra, enchía aos paisanos dese “aquel” que os singularizaba.
«Conexión Tubinga», primeira crítica
Xaneiro 22, 2009Montse Pena Presas publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura» o que é a primeira crítica de Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008.
«Mil cretinos», crítica no «Faro da Cultura»
Decembro 4, 2008Montserrat Pena Presas publica no Faro da Cultura de hoxe unha longa crítica da nosa tradución de Mil cretinos de Quim Monzó.