Monbars o exterminador, a novela de Hixinio Puentes, gañadora do Premio Eixo Atlántico de Narrativa 2006, presentarase o xoves, 28 de maio, ás 20:00, nas instalacións da Biblioteca de Pontedeume (rúa Couceiro Freijomil 5). No acto acompañarán ao autor, o escritor Marcos Calveiro e o editor Fran Alonso.
Posts Tagged ‘monbars_o_exterminador’
“Monbars o exterminador”, presentación en Pontedeume
Maio 25, 2009Etiquetas:hixinio_puentes, marcos_calveiro, monbars_o_exterminador, novela, pontedeume
Publicado en Narrativa, Noticias, Presentacións | 1 Comment »
As mellores novelas de 2008
Abril 13, 2009Énchenos de satisfacción que o crítico X.M. Eyre escolla oito dos nosos títulos do pasado ano entre as mellores novelas de 2008. Sen dúbida, unha moi boa colleita.
Etiquetas:conexión_tubinga, festina_lente, monbars_o_exterminador, os_nomes_do_traidor, o_libro_das_viaxes_imaxinarias, o_profesor_de_vegliota, o_xardín_das_pedras_flotantes, renacer, xosé_manuel_eyré
Publicado en Críticas, Narrativa | Leave a Comment »
«Monbars o exterminador», crítica en «Faro da Cultura»
Abril 2, 2009Héitor Mera publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica de Monbars o exterminador, a novela de Hixinio Puentes gañadora do máis recente premio Eixo Atlántico de novela galega e portuguesa.
Etiquetas:faro_da_cultura, heitor_mera, hixinio_puentes, monbars_o_exterminador, novela, premio_eixo_atlántico
Publicado en Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
«Monbars o exterminador», crítica en «Culturas»
Marzo 10, 2009Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica de Monbars o exterminador, a novela de Hixinio Puentes que obtivo o último Premio Eixo Atlántico de novela galega e portuguesa.
Etiquetas:culturas, la_voz_de_galicia, monbars_o_exterminador, novela, premio_eixo_atlántico, ramon_nicolás
Publicado en Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
«Monbars o exterminador»
Marzo 5, 2009
Xa comecei a lectura de Monbars o exterminador (Hixinio Puentes). E tenme moi boa pinta, moi-moi boa o actual Eixo Atlántico. Seguramente imos lembrar durante moito tempo o ano pasado, ímolo reler decote. Conto, coa novela de Hixinio Puentes para figurar no top 5 das mellores novelas galegas de 2008. X.M Eyré.
Etiquetas:eyré, hixinio_puentes, monbars_o_exterminador, novela
Publicado en Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios | 1 Comment »
Entrevista de Hixinio Puentes
Marzo 3, 2009La Voz de Galicia publica hoxe a entrevista que Camilo Franco realizou a Hixinio Puentes con motivo da publicación da novela Monbars o exterminador.
Etiquetas:camilo_franco, hixinio_puentes, la_voz_de_galicia, monbars_o_exterminador, novela
Publicado en Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos
Xaneiro 10, 2009O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados. Prevemos publicar unhas cento vinte de novidades, cifra moi semellante a dos últimos anos, no abano diversificado das nosas coleccións que abranguen, entre outras, a literatura, a lexicografía, a edición infantil e xuvenil, a edición de libro de texto e materiais curriculares, as guías de viaxe e os libros de agasallo.
Dentro das novidades literarias atenderemos con especial dedicación as tres efemérides de 2009: o «Ano Cabanillas», con motivo do cincuenta aniversario do pasamento do poeta da raza (9 de novembro); o centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño (10 de xuño), coa edición d’ O po dos días, un estudo de Luciano Rodríguez sobre a peripecia biográfica e a obra do poeta de Seivane; e o día das letras galegas dedicado a Ramón Piñeiro.
Na colección Narrativa, continuaremos coa nosa aposta por autores propios e por traducións da maior actualidade. Así, ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa Eixo Atlántico. No mes de marzo publicaremos o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco Fernández Naval, O ‘Salto do can, primeira novela do ferrolán Jorge Llorca e A vida do outro de Carlos G. Reigosa, a novela gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2009. A seguinte entrega, xa avanzada a primavera, será o libro de relatos de Agustín Agra, O arrecendos das mimosas e as novelas de Santiago Lopo Peaxes e de Xosé Fernández Ferreiro Tempo de centeo. Publicaremos, ademais, as novas novelas de Rosa Aneiros, María Reimóndez e Suso de Toro. Durante o segundo semestre, ademais da publicación do Premio Xerais de Novela 2009, que será fallado o 6 de xuño, editaremos outras dúas traducións. Na colección de Poesía, as primeiras novidades serán TSC. Diario da noite de Alfonso Armada e o máis recente poemario de Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca Dramática Galega, que coeditamos con AGADIC, publicaremos Sempre quixen bailar un tango, Premio Álvaro Cunqueiro 2008 e Pingueiras e carteiras, Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2008, as dúas pezas da autoría de Teresa González Costa. Na colección de Ensaio, comezaremos en xaneiro con Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación de Goretti Sanmartín Rei, para continuar en marzo coa edición do segundo tomo d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir e do Tractatus Logico-Philosophicus de L. Wittgenstein. Xa no segundo semestre e tamén dentro desta colección publicarase a primeira das obras de Georges Steiner comprometidas, Georges Steiner no The New Yorker. Os dous primeiros títulos da colección Crónica serán Reconquista. Vigo en armas de Eduardo Rolland e Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.
A edición no mes de outubro do Gran Dicionario Xerais da Lingua, obra de cen mil entradas, será a novidade máis importante do ano, á que se engadirán dúas primicias na nosa lingua: un Dicionario de Arte e un Dicionario galego-francés / français-galicienne.
Na edición infantil, no primeiro trimestre destacarán O sombreiro chichiriteiro, o primeiro libro para nenos de Manuel Rivas, ilustrado por Patricia Castelao; así como dous libros de Agustín Fernández Paz, recente premio Nacional de Literatura Infantil, a novela Lúa de Senegal e o álbum A dama da luz, ilustrado por Pablo Magutis.
Na primeira metade do ano tamén aparecerán, fóra de colección, tres importantes obras: Cabalos de vento, curros de pedra do fotógrafo Xavier Teniente e do pintor Xosé Guillermo, Pedras de Compostela de Aldonza das Pratarías e A semente da nación soñada, o libro de homenaxe a Xosé L. Méndez Ferrín, coeditado con Sotelo Blanco.
(*) Artigo de Manuel Bragado publicado no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia do 10 de xaneiro de 2009, dedicado ás novidades do sector editorial galego para o ano 2009.
Etiquetas:agustín_agra, aldonza, alfonso_armada, a_clase, a_vida_do_outro, carlos_reigosa, eduardo_rolland, estíbaliz_espinosa, fernández_paz, ferrín, françois_begaudeau, francisco_fernandez_naval, goretti_sanmartín, jorge_llorca, manuel_rivas, maría_reimóndez, monbars_o_exterminador, nos_camiños_do entusiasmo, o_arrecendo_das_mimosas, o_salto_do_can, para_seguir_bailando, patricia_castelao, peaxes, ramon_nicolás, riofero, rosa_aneiros, santiago_lopo, suso_de_toro, tempo_de_centeo, teresa_gonzález_costa, xavier_teniente, xelis_de_toro, xosé_fernández_ferreiro, xosé_guillermo
Publicado en Noticias, Xerais_nos_medios | 1 Comment »
«Monbars O Exterminador»
Xaneiro 9, 2009Está no prelo Monbars o Exterminador, a novela de Hixinio Puentes gañadora do Premio Eixo Atlántico de Narrativa Galega e Portuguesa 2006. Chegará as librarías durante a última semana deste mes de xaneiro.
Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquía, liberdade, moralidade… e realiza un canto ao mar e as súas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado «o anxo exterminador» pola súa xenreira aos españois é un xentilhome languedociano da segunda metade do século XVII, que pasa a súa xuventude como filibusteiro da illa Tartaruga, no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olonés, Morgan, etc. Desde o seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional do matute entre as dúas ribeiras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias, un mundo marcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras de relixión, as monarquías absolutas, o ambiente corsario bretón, a xenreira contra os españois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografía do golfo de Saint-Malo, burlándose das leis e mostrando o seu gusto pola poesía goliardesca de François Villon. Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlántico de Narrativa galega e portuguesa na súa última edición.
Etiquetas:hixinio_puentes, monbars_o_exterminador, novela, premio_eixo_atlántico
Publicado en Narrativa, Noticias, Premios | Leave a Comment »
Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009
Xaneiro 2, 2009Ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa Eixo Atlántico.
No mes de marzo publicaremos outras tres novidades na colección Xerais Narrativa: o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco Fernández Naval, O ‘Salto do can, primeira novela do ferrolán Jorge Llorca e A vida do outro de Carlos G. Reigosa, a novela gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa 2009,
A seguinte entrega do ano 2009 será o libro de relatos de Agustín Agra, O arrecendos das mimosas e as novelas de Santiago Lopo Peaxes e de Xosé Fernández Ferreiro Tempo de centeo.
Completarase a oferta narrativa do primeiro semestre coas novas entregas de Suso de Toro e Rosa Aneiros.
Etiquetas:agustín_agra, a_clase, a_vida_do_outro, carlos_reigosa, françois_begaudeau, francisco_fernandez_naval, hixinio_puentes, jorge_llorca, monbars_o_exterminador, novela, o_arrecendo_das_mimosas, o_salto_do_can, para_seguir_bailando, peaxes, relatos, riofero, rosa_aneiros, santiago_lopo, suso_de_toro, tempo_de_centeo, xelis_de_toro, xosé_fernández_ferreiro
Publicado en Narrativa, Noticias | 1 Comment »