Posts Tagged ‘mckee’

Rede Lectura

Maio 2, 2008

Atopamos no blog Rede Lectura, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, varios comentarios de lectores recomendando libros infantís e xuvenís editados pola editorial. Estes son os casos de Así comezou todo, o libro de Jürg Schubiger (recente premio Andersen) traducido por Patricia Buján; Cartas de amor de Fran Alonso; Negros e brancos de David Mckee e Minimaladas de Carlos López Gómez e David Pintor.

David Mckee, outra vez en galego

Abril 7, 2008

Con Negros e brancos, David Mckee –un dos autores e ilustradores máis recoñecidos internacionalmente– creador do inesquecible personaxe do elefantiño Elmer, volve publicar en galego no catálogo de Xerais.

Negros e brancos, un dos seus primeiros e máis coñecidos álbums, publicado no Reino Unido hai trinta anos, é un alegato plenamente vixente en contra da guerra, a prol da educación para a paz e a convivencia entre persoas e mundos diferentes.

Eis a presentación editorial que preparamos:

Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…

Para lectores de catro anos en diante. Xa dispoñible nas librarías.