Xerais únese ao homenaxe que mañá, venres 29 de novembro, ás 19:30 horas, tributará o claustro de profesorado e o alumnado do Instituto Santa irene de Vigo a X.L. Méndez Ferrín. Quen fora profesor do centro durante máis de tres décadas, recibirá así a gratitude dos seus milleiros de alumnos e alumnas e o recoñecemento do seu labor docente. Coincidindo co acto, no que o profesor Xosé Ramón Pena encargarase de impartir a lección maxistral, descubrirase unha placa e abrirase a biblioteca dedicada ao escritor, que pretende converterse en referente para o estudo da súa obra literaria. O cadro de persoal de Xerais, en data tan sinalada, abenzoa ao noso admirado profesor Méndez Ferrín.