Organizada pola Asociación de Veciños Raigame de Santiago, o venres, 12 de xuño, ás 20.00 horas, nas instalacións do Centro socio cultural O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 16) de Santiago, celebrarase unha homenaxe ao profesor Herminio Barreiro e presentación do seu libro Recordar doe. No acto participarán Xaquín Mato (presidente de Raigame), Fran Alonso e Herminio Barreiro.
Posts Tagged ‘herminio_barreiro’
“Recordar doe”,
Xuño 11, 2009Etiquetas:herminio_barreiro, recordar_doe, santiago
Publicado en Crónica, Homenaxes, Presentacións | Leave a Comment »
“Recordar doe”, presentación en Cerdedo
Maio 5, 2009Organizada pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, o vindeiro venres, 8 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do concello de Cercedo (fronte ao cuartel da Garda Civil), realizarase a presentación do libro Recordar doe de Herminio Barreiro. No acto, que será presentado por Lola Varela, presidenta de “Verbo Xido”, participarán Ana Acuña, Fran Alonso e o autor.
Etiquetas:ana_acuña, cercedo, herminio_barreiro, lola_varela, recordar_doe, verbo_xido
Publicado en Crónica, Noticias, Presentacións | Leave a Comment »
Xerais na Feira do Libro da Coruña
Xullo 22, 2008Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto:
- 1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza.
- 1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor.
- 2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas.
- 3 domingo, ás 20,30 h. Presentación de Atracción total de Carmen Blanco en homenaxe a Xoana Capdevielle e Francisco Pérez Carballo. Intervirán: Luz Pozo, Manuel Bragado e a autora.
- 4 luns, ás 19,00 h. Presentación de As mellores intencións de Begoña Paz. Intervirán: Manuel Bragado e a autora.
- 4 luns, ás 20,00 h. Presentación de Festina lente de Marcos Calveiro. Intervirán: Óscar Sánchez, Manuel Bragado e o autor.
- 4 luns, ás 20,30 h. Agustín Fernández Paz asina O único que queda é o amor.
- 5 martes, ás 20,00 h. Presentación de Incertos de Antón Dobao. Intervirán: Francisco X. Fernández Naval, Miguelanxo Prado, Manuel Bragado e o autor.
- 5 martes, ás 20,00 h. Chelo Suárez asina A venus de cristal.
- 6 mércores, ás 19,00 h. Xosé Neira Vilas asinará exemplares da súa obra.
- 9 sábado, ás 20,30 horas. Fina Casalderrey asina A pomba e o degolado.
Etiquetas:agustín_fernández_paz, antón_dobao, begoña_paz, carmen_blanco, chelo_suárez, herminio_barreiro, manuel_rivas, marcos_calveiro, suso_de_toro, xosé_neira_vilas
Publicado en Presentacións | 1 Comment »